Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Sábado, 21 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 50 persoas xubiladas da provincia comezan os últimos cursos de “Depo en Marcha”

Pertencen a entidades de Lalín, Redondela e Sanxenxo e comezarán entre este sábado e o vindeiro martes tres novas accións formativas deste programa da Deputación de Pontevedra que promove o envellecemento activo

Un total de 45 xubilados iniciarán entre o sábado e o vindeiro martes os últimos talleres e accións formativas programadas nesta edición da iniciativa provincial “Depo en marcha”. A través deste programa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.

 

O sábado 21 comezará o taller de restauración de mobles no que participarán integrantes da Asociación de Veciños de Moneixas de Lalín durante os sábados, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Tamén o sábado, membros do Círculo Cultural Recreativo de Cesantes de Redondela iniciarán un obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá todos os sábados entre as 17:40 e 20:10 horas.

 

O último arranque de cursos do programa “Depo en marcha” está planificado para a próxima semana. Deste xeito, o Club de Pensionistas de Sanxenxo comezará o martes 24 de outubro o curso de habilidades dixitais para o uso cotiá que se desenvolverá os martes e venres de 18:00 a 20:00  horas.

 

Con estas tres accións teñen comezado xa os 130 obradoiros e iniciativas formativas que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, que está a beneficiar a arredor de 3.000 persoas da provincia. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.