Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 08:48:59 horas

Xornal21.es
Domingo, 22 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación mobiliza 1,4 M€ en estradas de Ribadumia, Pazos de Borbén e Ponteareas

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización da Rúa da Condesa en Barrantes, no treito inicial da EP-9506, e adxudicou as obras de mellora da seguridade na EP-2703 que permitirán a reposición do firme en 11 quilómetros desta estrada entre Pazos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de mobilizar un investimento de 1,4 millóns de euros para transformar dúas estradas provinciais que transcorren polos concellos de Ribadumia, Pazos de Borbén  e Ponteareas. Trátase, como subliñou o presidente provincial, Luis López, de actuacións para dotar a estes viarios “dunha maior seguridade viaria e para construír espazos máis centrados nas persoas, máis funcionais e con mellores prestacións”.

 

No caso de Ribadumia, a institución provincial aprobou o proxecto para a urbanización da Rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia, pola que transcorre o treito inicial da EP-9506 e na que se van investir máis de 700.000 €. A actuación será financiada a través dun convenio, xa asinado, a través do cal a Deputación aporta o 70% (preto de 500.000 €) e o Concello o 30% restante (200.000€). Intervirase nun treito de 305 metros para urbanizar a Rúa Condesa e mellorar así as condicións de seguridade e mobilidade deste viario en pleno centro urbano, nunha zona na que están situados tamén equipamentos educativos e deportivos.  

 

Por outra banda, a Xunta de Goberno adxudicou as obras de mellora de seguridade viaria da EP-2703 Pazos-Ponteareas por un orzamento de máis de 712.937€. Os traballos, que abranguen a reposición do firme nun treito de 11,3 quilómetros dos 14,8 da estrada que transcorre por ambos concellos, teñen un prazo de execución de seis meses e serán financiados ao 100% pola institución provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.