Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Lunes, 23 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Dous novos cursos do Programa da Deputación “Conectadas” comezan esta semana en Redondela e Lalín

Preto de 30 mulleres participarán en iniciativas formativas centradas na procura de emprego e na saúde

A Deputación de Pontevedra ten programada para esta semana o arranque de dúas novas accións formativas de “Conectadas” en Redondela e Lalín. En total participarán preto de 30 mulleres neste programa provincial que ten como principal obxectivo potenciar a promoción e saúde das mulleres a través da formación.

 

Este luns, 23 de outubro, doce usuarias da Fundación FORMAVIGO participarán no taller “Actívate na procura de emprego” que se impartirá os luns e martes cun horario de 9:30 a 12:00 horas no edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela. O segundo curso comezará este martes, 24 de outubro, e vai dirixido a quince mulleres da Asociación de Veciños de Moneixas (Lalín) que practicarán pilates  no Centro Social todos os martes de 16:00 a 17:30 e os sábados de 10:00 a 11:30 horas.

 

Este ano participan en “Conectadas” 4.000 usuarias de 219 entidades de 53 concellos da provincia. Os colectivos puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.