PROVINCIA
Jorge Cubela presenta os avances para loitar contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural
O deputado mantivo unha reunión coas alcaldías de Cuntis, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves na que informou da próxima contratación da plataforma formativa que fundamenta o proxecto, entre outros pasos que se están a dar
O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, mantivo unha reunión cos concellos participantes no proxecto da Deputación “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra” para informarlles dos avances que se teñen producido ao longo dos últimos meses no relativo a este proxecto e resolver dúbidas. Os concellos que participan nesta primeira experiencia piloto, que conta cun orzamento de 500.000 euros dos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico aporta 280.000 euros e a Deputación os 220.000 restantes, son Cuntis, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves.
Cubela explicou ante os responsables políticos destes concellos que, “despois de meses de traballo”, o pasado 13 de outubro aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación do contrato para implantar e desenvolver a plataforma formativa que fundamenta o hub. “É un proxecto vertebrado en dúas licitacións, esta primeira e unha segunda que se atopa en tramitación interna, referida ao deseño, impartición e formación para capacitar dixitalmente ás persoas participantes”, debullou o deputado, ao tempo que lembrou que o obxectivo é “mellorar o acceso aos servizos da Administración electrónica das persoas participantes e dotalas dunha maior autonomía nas xestións electrónicas da vida ordinaria ou sobre o uso de redes sociais”.
Para logralo, ao abeiro do proxecto desenvolveranse, tal e como explicou Jorge Cubela, sete accións formativas de cinco horas de duración en cada un dos concellos, que versarán sobre temas como a administración electrónica, a xestión online do Sergas, a banca móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos. Unha formación que irá acompañada dun servizo de asesoramento e titorías e que se espera se desenvolva entre os meses de febreiro e maio.
Ademais, o responsable provincial de Reto Demográfico explicou as bases para a selección dos alumnos e influencers que participarán no programa. Por unha parte, haberá un máximo de 50 alumnos por concello, que deben ter nacido antes de 1973 ou ser maiores de 18 no caso de que acrediten algunha discapacidade ou presten servizos de axuda a domicilio ou acrediten a condición de persoa coidadora con maiores ao cargo. Pola outra, os influencers (5 por concello participante) serán “persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras persoas, que demostrarán en primeira persoas os beneficios do uso de ferramentas dixitais”, maiores de 18 anos e empadroadas no Concello, que serán elixidos por unha Comisión de Valoración con representantes dos cinco concellos e da Deputación.
“Estou seguro que traballando xuntos, da man, e sumando sinerxías imos conseguir que este hub sexa todo un éxito”, remarcou Jorge Cubela, pedindo a máxima colaboración aos cinco concellos para darlle “publicidade ao programa, difundindo e incentivando a participación dos vosos veciños e implicando tamén ao tecido asociativo”, así como no rexistro das solicitudes “para promover a inscrición do maior número de persoas posibles e axilizar a tramitación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163