TURISMO
Galicia refórzase en setembro como destino competitivo cos mellores datos
Segundo os datos feitos públicos esta semana polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos a hoteis e pensións, estes datos económicos están a medrar a un ritmo do 8% no mes de setembro e do 7% no que levamos de ano
O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos.
Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6% en un 3,2% respectivamente as do ano pasado. E tamén son valores mellores que antes da pandemia, neste caso o incremento é dun 20% e convértense nos mellores datos dun mes de setembro desde que se teñen rexistros. Trátase de cifras especialmente significativas nun ano post-Xacobeo no que habitualmente os niveis de demanda caen en termos internanuais.
No mes de setembro destaca de novo o comportamento do turismo internacional. O 66% das noites en hoteis e pensións corresponderon ao turismo nacional, o 18% ao dos propios galegos e o 34% ao turistas estranxeiros. Este segmento turístico, ademais, foi o que máis dinamismo tivo neste mes, que supera nun 23% o volume de noites con respecto ao ano pasado.
Consolidación da recuperación
Estas boas cifras acontecen nun contexto, ademais, que permite que o sector hoteleiro mellorase en setembro nun 8% nos niveis de rendibilidade, en comparación cos datos do pasado ano. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais de 47,8 millóns de euros en setembro (un 10,4% máis que o ano pasado), e tamén superior ao valor previo á pandemia, de setembro de 2019, cando se facturaban 36,6 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Polo que se trata das cifras máis alta da serie histórica de setembro.
Estas cifras constatan a consolidación da recuperación do turismo galego e fanse extensivas tamén ao acumulado do ano, no que, segundo os datos do INE, a rendibilidade hoteleira tamén está a medrar nos nove primeiros meses do ano, neste caso un 7%. As cifras globais de viaxeiros e noites completaranse cando o INE contabilice tamén os datos do resto de establecementos de aloxamento (establecementos de turismo rural, campings, albergues, apartamentos e vivendas turísticas) na súa enquisa de establecementos extrahoteleiros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101