Lunes, 12 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 28 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Labores de limpeza e desinfección en todos os contedores do Concello de Baiona

O Concello de Baiona, a través da  Concellería de Medio Ambiente, emprendeu un plan de limpeza e desinfección para arrombar todos os contedores de lixo de Baiona desinfectándolos con auga e lixivia mediante unha mangueira a presión.

 

O obxectivo deste plan de limpeza de contedores,  é conseguir que estes espazos urbanos queden limpos e desinfectados. Desde a Concellería de Medio Ambiente impulsouse esta acción como medida suplementaria e moi necesaria.  Estes lugares tamén adoitan ser en ocasións foco de insalubridade cando determinados veciños deixan os residuos fóra dos contedores, bótanos dentro do contedor sen bolsa ou coa bolsa aberta.

 

A limpeza e desinfección de todos os contedores do municipio é un dos traballos que realizan estes días os operarios dunha empresa contratada para tal fin. Este labor realizouse cun vehículo especializado que permitiu a limpeza exhaustiva de cada un dos contedores de toda a localidade de Baiona. Grazas ao vehículo e ás ferramentas especializadas, estase realizado unha limpeza con maior profundidade, tanto da superficie como do interior dos contedores.


O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, valorou esta actuación “como algo necesario para que a nosa localidade poida estar nas mellores condicións hixiénicas e así poder evitar problemas relacionados coa sucidade dos contedores e a acumulación de lixo no interior xa que poden converterse nun foco de infeccións debido a que presentan un ecosistema perfecto para microorganismos e insectos. O Concello continúa co seu labor de adecuar e manter o noso pobo nas mellores condicións posibles”.

 

Estes traballos de limpeza dos contedores súmanse á campaña de reforzo da limpeza viaria iniciada en xullo e retomada tras a tempada estival a semana pasada a través da realización de distintos baldeos e decapados nas zonas peonís tentando actuar nas rúas coa sucidade máis incrustada.

 

“Desde o consistorio, a través da Concellería de Medio Ambiente, marcamos unha nova liña de traballo moi distinta á que viña producindo en Baiona nos últimos anos; traballando por unha limpeza máis completa e acorde coas necesidades actuais de de a Vila;  tentando manter nosa localidade nas mellores condicións porque é necesario seguir protexendo, coidando e mellorando cada recuncho da contorna de Baiona”, finaliza o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.