Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A praia de Patos acolle esta semana o Campionato de España de Surf Adaptado

O areal tripite este ano como escenario deste evento deportivo nacional que, nesta edición, reune a 30 surfistas de toda España con diversas discapacidades

A  praia de Patos volver a ser durante toda esta semana un exemplo para todo o país do verdadeiro surf universal. O areal acolleu esta mesma mañá o trofeo 'Concello de Nigrán' de Surf Adaptado (participaron 14 persoas con discapacidade intelectual) e a presentación do Campionato de España de Parasurf que se celebra ata o sábado 28 de Outubro e que está dividido en 7 categorías segundo o tipo de discapacidade física. Esta proba nacional celébrase xusto antes do Campionato Mundial que terá lugar a vindeira semana en California e volve a traer a Patos a moitos dos deportistas españois seleccionados para ir a EEUU: Sarah Almagro, marbellí amputada aos 18 anos de mans e pés e referencia internacional neste deporte; Daniel Muller, canario de orixe alemá sen mobilidade nas pernas; Audry Pascual, surfista madriñeña sen mobilidade nas pernas e referente tamén no ski; e o galego Dani Souto, con discapacidade visual e campión de Europa. A novidade é que se desenvolverá desde mañá e ata o sábado 28, adaptándose o día e hora das diferentes mangas ás condicións do mar co obxectivo de que todos os inscritos poidan competir.


O evento deportivo, presentado este mediodía no propio areal, está promovido desde Quenlla Surf Clube (único clube galego adicado ao parasurf e con sede en Nigrán), Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’ . Ademais, colabora Nasas Nigrán, Aqualia e Fundación Bimba y Lola.


“Patos é xa sinónimo de inclusión e diversidade ao acoller 3 dos 4 campionatos de España realizados ata agora. Esta competición nos ofrece cada ano unha lección de vida e de superación. Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas. Esta é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano", explica o alcalde, Juan González, quen ao atoparse fora de España como presidente do Fondo Galego de Cooperación  estivo representado pola concelleira de Deportes, Sara Penedo. "O surf demostra que rompe barreiras e para nos é un orgullo que sexa, precisamente, en Patos", indicou a edil na presentación.


Deste xeito, Patos acollerá a 30 surfistas chegados de todo o país con diversas discapacidades físicas e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados...)... "Cada un deles nos dá leccións de vida moi positivas e necesarias para todos", engade González. Todos se aloxarán gratuitamene na Residencia de Tempo Libre.


"O deporte trasmite valores como o sacrificio, tesón, constancia... e no caso do adaptado máis", considera Luis Pena, presidente de Quenlla Surf e promotor do campionato. Precisamente, na 'Copa Concello de Nigrán' participaron 6 dos seus deportistas con discapacidade intelectual e no Campionato de España estará presente David Mella, mozo tomiñés de 32 anos que hai menos de 2 anos quedou tetrapléxico nun accidente de bicicleta e, a día de hoxe, é unha gran promesa do parasurf nacional e subcampión do mundo de paracanoe (antes do accidente xa practicaba piragüismo).


"A aposta da Federación é absoluta e, de feito, agora mesmo somos un exemplo para outros países, eles ven cara nos como referencia do surf adaptado. Somos campións do mundo e de Europa e sabemos que no ano 28 ou 32 vai a ser declarado olímpico", asegurou Lourenço Chaves, o xerente da Federación Española de Surf.


"O mar é terapéutico en si mesmo e, grazas á visibilidade deste campionato, rompemos moitas barreiras e se anima moita xente con discapacidade a probar no mundo do surf", indicou Dani Souto.


Desde a Xunta, Xosé Ramón Lete recordou que o primeiro Campionato de España foi en Cantabria sen deportistas galegos e, sen embargo, transcurrido o tempo agora se celebra en Galicia coa presencia de moitos deportistas da comunidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.