GALICIA
Desactivadas as prealertas por escaseza de auga
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu unha nova reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se constatou unha mellora xeral na situación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
A Xunta constata unha mellora nas reservas de auga que permite recuperar os niveis de normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do río Lérez e no do río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña ata o río Anllóns.
A Oficina Técnica da Seca celebrou unha nova reunión que presidiu a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, acompañada do xerente da entidade hidráulica da Xunta, Gonzalo Mosqueira, e na que participaron tamén representantes de Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade.
No encontro ratificouse que, tras as chuvias rexistradas na terceira semana de outubro, se produciu un incremento importante dos caudais circulantes, de modo xeneralizado, prevéndose que continúe esta liña de ascenso coas precipitacións que se agardan nas vindeiras semanas.
Unha vez avaliados os indicadores hidrolóxicos e meteorolóxicos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de titularidade autonómica, a Oficina Técnica da Seca acordou hoxe pasar á situación de normalidade estes dous sistemas de abastecemento.
No caso do sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, mantense a situación de alerta por escaseza de auga activada recentemente, ao non acadarse, polo momento, a melloría necesaria no encoro de Cecebre.
No sistema de abastecemento do río Anllóns, Costa da Coruña ata o límite de Arteixo tamén se constata unha melloría da situación, pasando do nivel de alerta por escaseza a manterse simplemente en prealerta.
Tamén se manteñen as medidas equivalentes a un escenario de prealerta ou escaseza moderada no subsistema de Baiona, situado no sistema de explotación do río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, desde o cal se abastece o concello de Baiona.
O resto dos sistemas de abastecemento da demarcación de competencia autonómica presenta niveis de normalidade.
A ocupación actual dos encoros de abastecemento de Galicia-Costa é do 63,96%, 5,52 puntos por riba da ocupación do mesmo período para o ano 2022.
A pesar da mellora xeneralizada das reservas de auga na demarcación hidrográfica de competencia autonómica, Galicia-Costa, a Xunta continuará realizando un seguimento continuo da situación meteorolóxica e hidrolóxica e promovendo un consumo responsable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191