Vigo
A Xunta ofrece ao Concello solucións para os afectados polo incendio da rúa Alfonso X o Sabio
Ana Ortiz participou este xoves nunha reunión con representantes municipais para trasladar a disposición do Goberno galego á firma dun convenio de colaboración
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves nunha nova reunión no Concello de Vigo para trasladar a disposición do Goberno galego a colaborar cos responsables municipais na búsqueda de solucións para as familias afectadas polo incendio do rúa Alfonso X O Sabio. A representante autonómica mantivo a posibilidade de firmar un convenio de colaboración no que a Xunta participaría coa súa financiación.
Ortiz lembrou que a Xunta fixo todo o que está dentro das súas competencias para atender aos afectados e que “sempre mostramos a nosa vontade de achegar solucións aos problemas das familias”. Ademais, apuntou que é o Concello de Vigo o que ten todas as competencias para actuar nestas situacións de necesidade social. “A Xunta exercía as competencias que ten asignadas e nunca deixou de facelo”, indicou.
Así, destacou que a Consellería de Política Social xa estaba a atender durante o día nun centro a algúns dos nenos que vivían no edificio da rúa Alfonso X O Sabio a través dun programa de reforzo social e educativo e, ademais, algunhas das familias estaban a recibir prestacións básicas como a Risga ou pensións non contributivas, que lles permitían ter ingresos para a compra de produtos básicos.
Indicou así mesmo que despois da traxedia, o Goberno galego atendeu coa máxima celeridade aos nenos que estaban en risco de exclusión e por iso asumiu a tutela da menor hospitalizada na Coruña e a garda de dous irmáns que tamén vivían no inmoble.
Por último, engadiu que a administración autonómica pon á disposición todos os programas de axudas existentes co fin de que as familias afectadas, se cumpren os requisitos, poidan dispoñer dos recursos adecuados para alugar unha vivenda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58