Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 30 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal aproba a modificación do IBI urbano para facelo máis sostible

A moción, que se aprobou por maioría absoluta, incorpora medidas contra o cambio climático

O Rosal aprobou no último pleno extraordinario a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles IBI. A moción, presentada polo equipo de goberno, busca tres obxectivos principais: adaptar o gravame á actual situación económica, xa que non se modificaba dende 2006, por outra banda adecualo á media dos concellos galegos, e por último introducir unha serie de bonificacións relacionadas co uso de enerxías limpas.

 

A medida susténtase na necesidade de facer máis eficaz e sostible a xestión económica do concello, e adecuar o tributo máis importante dos concellos á realidade actual coa finalidade de seguir na vangarda dun concello responsable e referente na xestión económica, que foi quen nos últimos anos incluso de dar un salto importante máis alá dos recursos ordinarios na captación de recursos externos.


A medida afecta únicamente ao IBI urbano, e supón unha suba do actual 0,45% ata 0,58%, o que sitúa ao O Rosal dentro da franxa media dos concellos galegos con poboación similar. Este tipo de axustes estanse a levar a cabo en outros moitos concellos de Galicia como resposta a situacións similares. Un bo exemplo e A Guarda, que hoxe mesmo leva a pleno unha medida similar.


A loita contra o cambio climático e a Axenda 2030 tamén están presentes nesta medida, que incorpora unha bonificación potestativa por instalación de sistemas para o aproveitamento térmico e/ou eléctrico da enerxía proveniente do sol.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.