Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 27 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O Instituto Galego do Consumo desenvolve en Mos un programa sobre consumo responsable

Consta de 4 encontros enmarcados na campaña informativa INFOCONSUMO que se celebrarán entre o 30 de novembro e o 22 de febreiro do vindeiro ano 2024, na Axencia de Colocación, con acceso libre e gratuíto para todas as persoas interesadas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego, Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro, informaron  da vindeira celebración, en colaboración e co apoio e promoción da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, da campaña informativa INFOCONSUMO que se levará a cabo a partir do vindeiro mes de novembro nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos.


Trátase dun programa de charlas con acceso aberto, libre e gratuíto para o público interesado, impartidas polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia. Serán un total de 4 encontros que se celebrarán entre o 30 de novembro e o 22 de febreiro do vindeiro ano 2024 e que, segundo declararon as responsables municipais Arévalo e Loureiro, perseguen o “obxectivo de achegar á poboación mosense información e asesoramento en materia de consumo a través de talleres, charlas informativas e ou mesas redondas”.


As representantes do goberno local explicaron que os temas a abordar nestas 4 charlas serán: Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar. Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, ... Servizos no fogar: luz e gas. Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado....


“Como persoas consumidoras e usuarias de produtos e servicios de todo tipo enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. Una educación en materia de consumo plenamente accesible ao conxunto da sociedade da a coñecer os nosos dereitos, reduce os riscos de vulnerabilidade e alenta ás consumidoras e consumidores a un consumo más responsable, consciente e sustentable”, apuntaron a Nidia Arévalo, rexedora local mosense e Julia Loureiro, edil de Emprego e Participación Cidadá.


A listaxe de charlas que se impartirán en Mos, detallando título, data e horario, é a seguinte:


Servizos no fogar: luz e gas.
Data: 30 de novembro de 2023
Lugar: Axencia de colocación Concello de Mos (Avda. Peinador, 39 Tameiga Mos)
Hora: 17:30


Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar
Data: 21 de decembro de 2023
Lugar: Axencia de colocación Concello de Mos (Avda. Peinador, 39 Tameiga Mos)
Hora: 17:30


Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, ...
Data: 25 de xaneiro de 2024
Lugar: Axencia de colocación Concello de Mos (Avda. Peinador, 39 Tameiga Mos)
Hora: 17:30


Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado....
Data: 22 febreiro de 2024
Lugar: Axencia de colocación Concello de Mos (Avda. Peinador, 39 Tameiga Mos)
Hora: 17:30

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.