Viernes, 24 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 29 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O pleno de Salceda rexeitara a suba do IBI proposta por Movemento Salceda

O voceiro do PP advírtelle aos veciños de que o incremento da Contribución nun 25% “vaise producir nun futuro próximo, xa que PSOE e BNG comprometéronse a aprobalo se inclúe unha redución de gastos”

O voceiro municipal do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, reclamoulle esta semana ao goberno local, no pleno no que se debatiu a suba do IBI impulsada por Movemento Salceda, que cambie a súa política fiscal de “saquear aos veciños” tras o “varapau” de que a corporación rexeitara a súa intención de incrementar a Contribución de Urbana nun 25% pasando o tipo impositivo do 0,4 ao 0,5.

 

Davila explicou que a medida non se aprobou polo voto contrario do PP e do BNG e pola abstención do PSOE, pero advertiulle aos veciños de que esta suba “indiscriminada e arbitraria” que pretende implantar o goberno de Dolores Castiñeira “vaise producir, previsiblemente e lamentablemente, nun futuro próximo, xa que tanto socialistas como nacionalistas se comprometeron a apoiala se o executivo local traia ao pleno unha proposta de redución de gastos”.

 

“Non entendemos moito este condicionante de PSOE e BNG, máis ben soa a excusa ou intento de xustificación, porque esta proposta de redución de gastos xa viña esixida polo Plan de Axuste ao que obrigaba o Goberno de España por outorgar os 2,2 millóns de euros para pagar facturas pendentes dende facía meses incluso máis dun anos”, detallou o concelleiro popular.

 

Por outra banda, e tamén no marco deste debate do IBI, Davila lamentou que as otras tres forzas políticas, MS, PSOE e BNG votaran contra a proposta dos populares para implantar bonificacións neste tributo aos propietarios do rural.

 

Neste senso, cómpre sinalar que o PP propuso a aplicación de descontos do 90% para as parcelas de solo de núcleo rural que non teñen unha fachada mínima de 7,5 metros ou desnivel excesivo, e que, polo tanto, non son edificables. Asemade un 10% xeral para o resto de bens inmobles deste tipo de solo das parroquias.

 

“Parecéunos incrible que todos os grupos amosaran este desprezo e esta falla de sensibilidade cos veciños do rural e a verdade é que non agardábamos nada de MS e do PSOE, pero a postura do BNG cremos que demostra que, de facto, respalda o Catastrazo e que seguimos padecendo as suas consecuencias, xa que non queren axudar coa rebaixa do imposto do IBI a aqueles veciños que tiveron que deselvolsar dos seus recursos centos de euros, polo que simplemente se lle enche a boca falando das parroquias e logo actúa sempre contra os intereses dos seus veciños”, concluíu o voceiro popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.