TURISMO
A Deputación de Pontevedra promociona a provincia en Londres e Santiago
Luis López anuncia a participación da institución provincial na feira Fairway de Santiago de Compostela e na World Travel Market de Londres e a aprobación de 100.000 € para 40 entidades do sector turístico da provincia
A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos para avanzar no impulso dun novo modelo que permita que o turismo na provincia “vaia a máis”. O presidente provincial anunciou en rolda de prensa a participación da institución provincial na feira Fairway de Santiago de Compostela e na World Travel Market de Londres, así como informou da aprobación de 100.000 € para 40 entidades do sector turístico da provincia. Ademais, deu a coñecer os datos correspondentes ao mes de setembro do Observatorio de Turismo Rías Baixas e fixo balance dos “exitosos” workshops que se celebraron en Alacante e en Barcelona e nos que se detectou que a provincia esperta interese para o turismo vacacional e MICE (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions).
“Non nos detemos” asegurou o presidente da Deputación de Pontevedra ao afirmar que a institución provincial está a traballar con firmeza “para dar a coñecer por todo o mundo que Pontevedra é desfrutar”. Neste aspecto, amais de lanzar un Plan Estratéxico de Turismo, o presidente adiantou que a institución provincial estará presente nos próximos días en dous eventos turísticos. O primeiro deles, Fairway, terá lugar entre o 1 e o 3 de novembro en Santiago, onde a Deputación participará cun stand propio e realizará unha presentación de destino centrada nas rutas cara Compostela que atravesan a provincia. Posteriormente, entre o 6 e o 8 de novembro, a institución terá presenza en World Travel Market de Londres, unha das feiras de turismo máis importantes do mundo, distribuíndo material promocional da provincia e sumando sinerxías con Turismo de Galicia.
O presidente recordou que a estes dous eventos súmanse os workshops que se celebraron xa en Alacante e Barcelona e ata onde se desprazou a deputada de Turismo, Nava Castro, xunto con 25 empresas da provincia que se reuniron con máis dun centenar de entidades de ambas cidades. “Foi todo un éxito” asegurou o presidente quen tamén detallou que o interese das empresas de Alacante polo turismo vacacional e familiar na provincia e das empresas de Barcelona pola oferta de Pontevedra para acoller congresos e eventos.
Ademais, e no marco da vontade do goberno provincial “de facer partícipes a diferentes entidades para avanzar e construír máis provincia”, Luis López anunciou a aprobación de recursos para que entidades do sector turístico poidan impulsar actividades “neste eido tan importante para a nosa economía”. Trátanse de 100.000 € para que 40 entidades impulsen actividades de promoción e “poidamos estimular un turismo máis competitivo, de máis calidade, máis accesible e sostible”. Entre as actividades que se sufragan con estes recursos están, por exemplo, a promoción da Ruta do Viño Rías Baixas na feira Intur de Valladolid, a celebración de festas como a Malla Tradicional de Lalín, o Entroido de Darbo en Cangas ou o Corpus de Ponteareas, torneos deportivos como a “X-One Race” ou os obradoiros de marisqueo de Amarcarril.
Datos do Observatorio de Turismo Rías Baixas
Tamén aproveitou a ocasión o presidente para dar a coñecer os últimos datos dos que dispón o Observatorio de Turismo Rías Baixas da man do INE e que se refiren ao mes de setembro. “Foi un setembro magnífico e agardamos que os resultados deste mes poidamos extrapolalos o que queda de ano”, asegurou López.
O Observatorio rexistrou case 433.000 pernoctacións e preto de 190.000 viaxeiros dos que o 40% procedían do estranxeiro “o que parece indicar que a provincia vai a máis en canto á internacionalización da demanda”, remarcou o presidente. Por zonas, Vigo recibiu preto de 50.000 visitantes, pernoctaron 100.000 persoas e o grao de ocupación foi do 74,53%; Sanxenxo foi visitada por 35.527 persoas, pernoctaron 123.119 e o grao de ocupación foi do 54%; e ata O Grove chegaron 14.614 viaxeiros, pernoctaron preto de 40.000 persoas e o grao de ocupación foi do 47%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101