Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 17:17:34 horas

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Tui apoia aos deportistas internacionais coa convocatoria de bolsas anuais

Publica no BOPPO un extracto das bases da convocatoria das bolsas

O Concello de Tui amosa anualmente o seu apoio á práctica deportiva de alto nivel coa convocatoria de bolsas dirixidas aos e ás deportistas que neste ano teñen participado en competicións federadas de ámbito internacional. O Pasado luns, 30 de outubro, viña publicado no BOPPO o extracto das bases reguladoras para a concesión destas bolsas.

 

O Concello de Tui segue destinando unha partida de 10.000€ a esta finalidade, co obxectivo de facilitar a estes e estas deportistas a práctica deportiva e a súa participación nas competicións internacionais. Deste xeito valórase a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.


As e os deportistas tudenses terán un prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través de sede electrónica do Concello de Tui.


No ano 2022 foron once os deportistas tudenses que obtiveron as bolsas, as padeeiras Lara Feijóo, Cristina Soutelo e Lucía Soutelo, os padeeiros Iván Alonso, Pedro Vázquez, Sebastián Delgado, Matías Valentín Otero e Manuel Garrido, a remeira Carlota González, o remeiro Jesús González e o judoca Avelino Martínez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.