PROVINCIA
Os presidentes das tres asociacións nacionais de transporte abrirán as xornadas de ExpoBus´23
INTERVIRÁN LUIS ÁNGEL PEDRERO, DE ANETRA; RAFAEL BARBADILLO, DE CONFEBUS, E ALFONSO TABORDA, DE DIREBUS
A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, que se celebrará do 16 ao 18 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda – Pontevedra), arrincará xa as súas xornadas técnicas durante a mañá do primeiro día do certame, o cal será no seu programa de conferencias o Día das Empresas.
Para este comezo a organización apostou por un faladoiro ao máis alto nivel no que intervirán os presidentes das tres principais asociacións empresariais do transporte en autobús en España.
Así, intervirán Luis Ángel Pedrero, presidente da Asociación Nacional de Empresarios de Transporte en Autocares (ANETRA); Rafael Barbadillo, presidente da Confederación Española de Transporte en Autobús (CONFEBUS), e Alfonso Taborda, presidente da Asociación de Empresas de Autocares (DIREBUS).
Baixo o título “Realidade do transporte público de viaxeiros en autobús e autocar hoxe en España”, e a partir das 10.30 horas, os responsables asociativos farán un balance da situación do sector do autobús e autocar nestes momentos, a repercusión e situación do sector empresarial tras a pandemia e o encarecemento dos prezos, especialmente da enerxía. Ademais, abordarán outros temas que preocupan e afectan ao sector empresarial, como os retos tecnolóxicos aos que ten que enfrontarse.
O encontro incidirá dun modo especial na análise da situación do transporte escolar, base da actividade de moitas empresas no país.
Recoñecidos expertos
Esta non será a única xornada na que participarán recoñecidos profesionais do sector do autobús e o autocar, tanto a nivel nacional como internacional, senón que será unha constante no resto de conferencias e encontros que se están deseñando no programa de ExpoBus Iberia 2023, os cales se desenvolverán durante os tres días do certame.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163