Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 02 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
AS NEVES

A Xunta inviste máis de 40.000 euros na mellora do mercado municipal das Neves

Este apoio permitirá unificar a imaxe das peixerías do mercado, mellorar os accesos, investir en formación para os praceiros e reparar as fachadas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta semana o mercado Municipal das Neves, onde a administración autonómica está a investir máis de 40.000 euros como parte das axudas para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e rehabilitación das prazas de Abastos.


Esta axuda fai parte dos máis de 336.000 euros que se investiron na área territorial de Pontevedra e que están a permitir mellorar o funcionamento e as infraestruturas de preto de 15 mercados de excelencia.  


Grazas a este aporte o mercado está a realizar varias actuacións que reverten directamente a favor da súa imaxe e produtividade. Entre elas, o Mercado das Neves conta agora coa imaxe das súas dez peixerías totalmente unificada, con rótulos e serigrafías semellantes. Ademais, o mercado mellorará a súa iluminación, substituirá a súa porta de acceso e ofrecerá formacións aos praceiros.


Cabe destacar que estas actuacións están a ser desenvolvidas cunha primeira entrega do orzamento de preto de 17.000 euros. Sendo que no ano 2024 se utilizará o importe restante para a reparación das fachadas, a mellora dos accesos ás peixerías e a mellora das escadas de acceso.


Reguera aproveitou a visita para destacar o importante papel que seguen tendo os mercados e prazas de abastos de toda Galicia e asegurou que “están a facer un gran esforzo por actualizar os seus servizos e resultar atractivos ás novas xeracións”, algo no que a Xunta espera “seguir colaborando”. Ademais, destacou a “gran calidade” dos produtos que se atopan nos mercados e que son na súa maioría “produtos de proximidade, frescos e da nosa terra”.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.