Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 09:32:09 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño reitera ao Goberno que modernice e mellore as accións de apoio ao comercio local

Os populares acusan ao executivo de mentir ao soster que as súas propostas xa están en marcha, “xa que non hai Bonos Comercio, nin campañas específicas, nin Noite Branca, nin eventos especiais, por non falar do tremendo problema do aparcamento que baleira o centro”

O grupo municipal do PP de Tomiño solicítalle ao goberno local, despois de que votara contra a súa moción de apoio ao comercio e respondera con excusas ao seu rexeitamento a estas medidas, que modernice e mellore as accións de colaboración con este sector, xa que considera que as actuais son “escasas e ineficientes, tal e como nos levan trasladando os propios comerciantes durante bastante tempo”.


“É incrible que digan que manipulamos porque é innegable que votaron contra a nosa moción de apoio ao comercio e tamén é innegable que o centro de Tomiño está cada día máis baleiro e os establecementos cada vez teñen menos clientes. E non dubidamos de non estean a facer cousas para o sector, pero está claro que as súas propostas estanse a quedar arcaicas e aos comerciantes non lles serven absolutamente para nada”, explicou a voceira municipal, Lara Meneses.


Ademais, os populares acusaron ao goberno nacionalista de mentir por soster que rexeitaron a moción do PP porque todas as propostas incluídas na mesma xa están en marcha: “O BNG só busca xustificar o seu vota contra o comercio local, porque en Tomiño hai pouca programación, hai un gravísimo problema de aparcamento que baleira o centro urbano e non hai unha colaboración eficaz co sector”.


“A nosa moción incluía todo o que non hai no noso concello para apoiar aos comerciantes, porque non temos Bonos Comercio, para os que propoñemos a razoable cifra de 12.000 euros, non hai campañas periódicas e constantes, nin Noite Branca, nin eventos especiais como concertos ou gastronomía, que son medidas que se demostran exitosas en moitos outros municipios”, apostillou Meneses.


A concelleira popular acusou, deste xeito, ao BNG de “botar balóns fóra e poñer excusas agochándose detrás dunha nota de prensa que non oculta a absoluta realidade de que votaron contra a nosa proposta, que está feita en positivo, con propostas novidosas e modernas e que se pretende revitalizar e axudar a un sector fundamental para o futuro de Tomiño”.


Ademais, o PP local amosou o seu asombro de que o goberno nacionalista presuma da tenda dixital posta en marcha desde o Concello para os comerciantes durante a pandemia da covida-19, “xa que é un absoluto e unánime fracaso e os propios comerciantes da vila e do municipio sempre lamentan que eses cartos non se investiran noutras accións de dinamización para o sector”.


Finalmente, e tras advertirlle ao goberno local que non van conseguir “amendrentar” á oposición por cumprir coa súa obriga de fiscalizar a acción do executivo e facer propostas en positivo para Tomiño, os populares acusáronos de demagoxia sobre as accións lúdicas e culturais: “Que non tersiverxen as nosas palabras, porque nós claro que estamos a prol da cooperación transfronteiriza, porque vivimos na raia e temos moita e moi boa relación cos pobos de Portugal, pero tamén estamos a prol de que haxa moita máis actividade no centro de Tomiño e aí o goberno local frouxea moito”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.