GALICIA
A Xunta prepara unha guía para a integración das terrazas nos espazos públicos
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse con representantes das Asociacións Provinciais de Empresarios de Hostalería
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou nesta semana que a Xunta, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), está a ultimar a primeira guía para integrar as terrazas nos espazos públicos a través do establecemento de criterios de deseño adecuados para evitar o deterioro da imaxe urbana.
Deste xeito, o Goberno galego está a elaborar unha guía que inclúa solucións prácticas e recomendacións que permitan que os equipamentos das terrazas e a súa disposición nos espazos públicos teñan unha boa integración paisaxística ademais de minimizar as restricións de paso para o resto da cidadanía.
Nesa liña, a vicepresidenta segunda mantivo fai uns días unha reunión cos representantes das Asociacións Provinciais de Empresarios de Hostalería co obxectivo de recoller as súas achegas e suxestións para enriquecer o contido deste documento e favorecer a súa implementación posterior.
Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que na guía se analizarán as terrazas tanto en función da súa configuración e dos elementos que as compoñen como da súa localización. Así, entre as cuestións que abordará inclúense aspectos como a disposición das terrazas, o seu mobiliario e os equipamentos de protección e separación.
Así, por exemplo, no caso das formas de ocupación do espazo por parte das terrazas o obxectivo é minimizar as restricións de paso para o resto da cidadanía, algo que tamén deberá tomarse en consideración no deseño das mesas e cadeiras, que, ademais, evitarán os logotipos, imaxes ou marcas comerciais. A maiores, tanto o mobiliario como os elementos de protección solar deberán ser lixeiros e funcionais para poder ser retirados cando non sexan utilizados.
A vicepresidenta segunda tamén fixo fincapé na importancia de ter en conta a contorna na que se localice a terraza. Neste senso, en casos nos que se instalan en contornas de especial valor, como centros históricos ou prazas e rúas con características específicas, os criterios de deseño deberán ser unitarios e concretos, de modo que as terrazas sexan un complemento á arquitectura e non un impacto que deteriore a imaxe do conxunto.
Tamén requirirán un tratamento específico as terrazas localizadas en parques, espazos naturais e praias para evitar que provoquen diminucións na calidade ambiental das súas contornas, así como as terrazas situadas nos barrios da periferia xa que, nalgúns casos, suplen a falta de espazos públicos de reunión.
Máis dunha ducia de publicacións desde 2012
As guías de boas prácticas e recomendacións son unha ferramenta prevista no regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia para divulgar os valores paisaxísticos da Comunidade e que certo tipo de actuacións —edificacións de calquera natureza, peches, equipamentos de uso público, etc.— poidan lograr unha boa integración e un equilibrio coa contorna onde se sitúan.
Desde o ano 2012 e atendendo ás necesidades que van xurdindo, a Xunta traballa de forma continuada na elaboración deste tipo de guías técnicas. Dentro da Colección Paisaxe Galega xa se publicaron 15 volumes, dispoñibles tamén en formato dixital, e hai varias guías en elaboración. Ademais, en 2022 o IET presentou o Atlas da paisaxe dos camiños xacobeos, un libro conmemorativo do Xacobeo 21-22, e puxo en funcionamento o visor interactivo A paisaxe de Galicia desde a bicicleta. En total, o investimento ata o momento neste tipo de publicacións de carácter divulgativo supera os 790.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149