PROVINCIA
Medio millón de euros para rehabilitar un edificio no concello de Vilaboa
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Vilaboa, César Poza, asinaron un convenio para a execución desta obra enmarcada no programa PON2030
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Vilaboa, César Poza, asinaron esta semana un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 490.446 euros, o 76 % do orzamento, a rehabilitación dun edificio que se dedicará a creación dun centro social e de maiores. O Concello, pola súa banda, achegará o 24 % restante (150.821 euros).
A obra, valorada nun total de 643.268 euros, consistirá na rehabilitación do complexo de dous edificios de titularidade municipal ubicados no Lugar do Picho, na parroquia de Vilaboa, para destinalos a Centro Social e de Maiores. A parcela conta cunha superficie de 754 metros cadrados, pero o estado de conservación dos edificios é deficiente pola súa falta de uso. O proxecto contempla a remodelación dos dous edificios para equipalos con espazos deseñados para actividades de interacción social como talleres, cursos ou áreas de esparcemento. Ao mesmo tempo, contémplase tamén a construción de novos aseos, despachos, salas de estar, vestiarios e cociña.
Un dos elementos máis transformadores desta intervención será a unión dos dous edificios, que actualmente non están conectados. Para logralo, o proxecto contempla consolidar un pequeno volume que permitirá circular ás persoas desde un edificio ao outro. Así mesmo, a obra culminarase coa instalación de zonas axardinadas na contorna das edificacións.
Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025.
Iniciativas deste tipo contribúen a mellorar equipamentos públicos pensados para favorecer a interacción social, a cohesionar o territorio e a loitar contra o despoboamento nos concellos.
Este convenio subscríbese coas modificacións das bases do programa PON2030 aprobadas polo goberno da Deputación xa en vigor. Uns cambios que fan compatible a achega da Deputación con subvencións doutras administracións, que servirían para reducir o máximo posible a aportación municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163