GALICIA
Mellora da eficiencia enerxética na sede da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará antes de finalizar o ano esta obra, co obxectivo de iniciala no vindeiro 2024
O Diario Oficial de Galicia fai pública a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio que alberga a sede da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situado na rúa de San Lázaro, en Santiago de Compostela.
Esta actuación, que suporá un investimento de case 3,5 M€, será licitada antes de rematar o ano, para iniciar a súa execución no vindeiro 2024. O prazo de execución é de 12 meses.
A través desta encomenda, o departamento de Infraestruturas da Xunta asume a elaboración do proxecto, a licitación e adxudicación das obras, así como a súa dirección e execución. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231103/AnuncioG0533-251023-0001_gl.html
Mediante esta intervención de mellora da eficiencia enerxética, renovarase a envolvente, tanto a fachada como a cuberta, sen variar nin a volumetría nin a imaxe do edificio, de 7.300 m2 de superficie construída. É dicir, o acabado manterá o aceiro corten.
O obxecto principal deste proxecto é desenvolver unha serie de actuacións que permitan mellorar a eficiencia enerxética do edificio, que debe supoñer unha redución de, polo menos, un 30% de enerxía primaria non renovable.
Máis en detalle, as actuacións que se realizarán no edificio situado en San Lázaro inclúen a mellora da envolvente térmica, a substitución de todas as carpinterías exteriores e os vidros correspondentes, así como o cambio da envolvente da cuberta e a súa impermeabilización.
Na intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta prevese, tamén, a substitución do alumeado existente por iluminación LED de alta eficiencia con sistema de regulación e control.
Ademais, substituirase a enfriadora existente por unha enfriadora aire-auga de elevada eficiencia enerxética, e cambiarase a actual caldeira convencional a gas natural por un conxunto de caldeiras murais a gas natural de alto rendemento.
Este proxecto materializarase a través da colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, responsable deste proxecto, e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, que acometerá as obras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149