Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Sábado, 04 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 150 persoas participan esta fin de semana no programa “En Ruta coa Depo”

Usuarios de asociacións de Arbo, Sanxenxo e Vigo participan neste programa da Deputación de Pontevedra para coñecer lugares singulares da provincia

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana tres saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial. Neste caso, entidades dos concellos de Arbo, Sanxenxo e Vigo mobilizarán a máis de 160 persoas para coñecer as ruínas de Santa Mariña Dozo, o mosteiro da Armenteira ou pasear por Cabo Udra, entre outros espazos da provincia.

 

Dúas das saídas están programadas para este sábado, 4 de novembro. Así, integrantes da Asociación Cultural Evaristo de Sela (Arbo) percorrerán Cambados con paradas en lugares do concello coma o seu conxunto histórico, o Museo Etnográfico e do Viño, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a bodega do pazo de Fefiñáns e o Museo do Muíño de Mareas da Seca. Pola súa banda o Club de Xubilados e Pensionistas de Portonovo (Sanxenxo) visitará diferentes puntos de Cangas, como Cabo Home ou a igrexa de Hío, e Bueu como o Museo Massó e Cabo Udra. Ademais, o domingo, 5 de novembro, a Asociación de Mulleres "Pedra da vella" (Vigo) fará unha ruta polo Salnés para coñecer o mosteiro da Armenteira, os muíños do Batán, o monte do Castro e, entre outros lugares de interese, o pazo de Señoráns.

 

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra está a fomentar a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano daranse cita preto de 20.300 persoas de case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.