Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 05 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 200 persoas participan esta semana no programa de termalismo da Deputación

Este domingo máis de 150 persoas comezan o programa na modalidade de pernoita, mentres que o luns máis de 30 inician as saídas diúrnas

Un total de 183 persoas maiores de 50 anos de 19 concellos da provincia gozarán entre este domingo día 5 e o 10 de novembro do programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, con estadías no Gran Talaso Hotel Sanxenxo, no Hotel Novo Astur de Vilalonga, no Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, sendo o último o fixado para a estadía diúrna. Durante a súa estancia poderán facer uso das instalacións de termalismo dos establecementos, así como participar noutras actividades artísticas, deportivas, formativas, sociais ou turísticas.

 

Deste xeito, este domingo comezan as estadías con pernoita de tres grupos. A primeira destas expedicións, que conta con 51 persoas inscritas dos concellos Fornelos de Montes, Moraña, Valga e Vigo partirá rumbo ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo. O segundo grupo, que irá ao Hotel Novo Astur de Vilalonga, está composto por 56 persoas da Estrada, Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo e Vilaboa. Por último, 44 persoas dos concellos de Baiona, Cangas, Moaña, Poio, Redondela e Vigo desfrutarán dunha estadía no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo.

 

No que atinxe ás saídas diúrnas, serán 32 persoas as que desfrutarán dos tratamentos termais do Balneario de Mondariz dende o luns 6 de novembro ata o venres 10. Todos eles proveñen dos concellos de Fornelos de Montes, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

 

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

 

“Depotermal” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664 aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con aloxamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.