VIGO
A Xunta elimina catro puntos de vertido de augas residuais cara ao río Lagares
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron estas achegas irregulares no marco das inspeccións de rastrexo no municipio
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou catro puntos de vertido de augas residuais cara ao río Lagares, no concello de Vigo.
Estes focos foron identificados no marco das inspeccións de rastrexo efectuadas polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.
O traballo dos inspectores da Xunta permitiu identificar no tramo medio do curso fluvial, dous vertidos irregulares procedentes de vivendas unifamiliares: un no lugar da Devesa, na parroquia de Matamá, que afectaba a un regato afluente do río; e outro no lugar de Alza, na parroquia de Cabral, que afectaba ao leito fluvial a través dun punto de evacuación de augas pluviais da zona.
Ademais, no tramo baixo do río Lagares, o persoal de Augas de Galicia localizou dúas filtracións de augas residuais urbanas consecuencia de sendas deficiencias estruturais no colector de saneamento municipal que discorre pola marxe dereita do río, baixo a rúa dos Olímpicos.
As incidencias detectadas polos técnicos foron postas en coñecemento do Concello de Vigo para que adoptase as medidas necesarias para a súa emenda.
Nunha nova inspección por parte do persoal inspector comprobouse que as actuacións levadas a cabo de conexión das augas domésticas das vivendas particulares cara á rede de saneamento municipal, así como o selado das filtracións na infraestrutura de saneamento, permitiron a eliminación dos vertidos irregulares cara ao Dominio Público Hidráulico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58