GALICIA
O grupo vigués ‘As Guapilongas’ primeiro premio do Programa Xuventude Crea
A fase final do certame celebrouse a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela
A Xunta de Galicia deu a coñecer os gañadores da fase final de Teatro do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que se celebrou a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo ‘As Guapilongas’, de Vigo, pola obra Prázdno.
En segundo lugar quedou a compañía ‘Sarabia Teatro’, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense ‘Teatro D’o Carón’ fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo ‘Erantres’ de Arteixo pola obra Tres mistos.
O número de obras que se presentaron a esta especialidade foron 12 e a metade delas chegaron á fase final. O grupo gañador recibirá un premio de 3.000 euros, o que quedou en segundo lugar levará 1.500 euros e a dotación económica para o terceiro clasificado é de 1.000 euros. Ademais, na edición deste ano, por primeira vez, a Xunta ofrecerá aos grupos vencedores a posibilidade de formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral e axudalos así nos inicios das súas carreiras profesionais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149