Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 16:59:08 horas

Xornal21.es
Jueves, 09 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López expresa o apoio da Deputación para mellorar a contorna da estación de Pontecesures

O presidente do organismo provincial asinou este mércores o convenio de colaboración coa rexedora María Teresa Tocino nunha visita institucional ao Concello

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e a alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 347.741 euros, o 75 % do orzamento, as obras de acondicionamento da contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures. O Concello, pola súa banda, achegará o 25 % restante (118.527 euros).

 

A obra, que conta cun importe total de 466.200 euros, consiste nunha mellora integral das rúas Estación, Rosalía de Castro e Castelao para mellorar a súa calidade urbana dotándoas dunha plataforma única con prioridade para a mobilidade peonil, ampliación de beiravías e creación de prazas públicas con mobiliario urbano e zonas verdes, así como a reestruturación das zonas de aparcamento e a aplicación de medidas para o calmado de tráfico. “É un pracer asinar este convenio co Concello de Pontecesures en base ao cal executaremos unha importante mellora na contorna da Estación”, sinalou o presidente Luis López, despois de asinar o acordo.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Tui realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

O mandatario provincial amosou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha obra que recolle o espírito “municipalista” do goberno provincial.  Un municipalismo que rexe non só a acción do executivo da provincia, marca tamén o Orzamento do próximo ano, que presenta as contas máis altas da historia da Deputación. Dos 189,2 millóns de euros orzamentados, “un de cada tres euros destinaranse a Cooperación directa cos concellos”, subliñou López facendo referencia a programas como o +Provincia, o maior plan de obras e servizos posto nunca en marcha polo goberno provincial, ou o apoio aos municipios a través de plans extraordinarios como o posto en marcha para mellorar as infraestruturas deportivas dotado con 4 millóns de euros.

 

“En concellos como o de Pontecesures sabemos que o papel que xoga a Deputación é clave para construír Pontecesures, pero tamén para construír unha provincia que vaia a máis”, rematou o presidente da Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.