GALICIA
A primeira Feira de Produtos, servizos e tecnoloxías destinados á mellora da xestión das entidades locais
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director da Fundación Semana Verde Galicia, Ricardo Durán, presentaron esta semana o evento que se celebrará do 11 ao 13 de abril do próximo ano no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, presentaron esta semana a primeira feira galega de servizos municipais, ExpoMunicipal 2024, que se celebrará do 11 ao 13 de abril do próximo ano no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. Ao acto tamén asistiu o vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Martínez, xa que o organismo tamén participa no evento.
Natalia Prieto destacou que esta nova feira de servizos municipais ten como obxectivo “dar resposta ás necesidades e retos das entidades locais, sobre todo os máis pequenos ante o actual escenario social, o cal esixe espazos máis sostibles, eficientes, accesibles, seguros e verdes”. Deste xeito, engadiu que as administracións locais poderán coñecer nesta cita todas as solucións que as empresas ofrecen de cara a satisfacer as demandas da cidadanía e contribuír á mellora da súa calidade de vida.
A directora xeral de Administración Local engadiu que esta feira, que se prevé celebrar de maneira bianual e a que se agardan unhas 7.000 persoas, “nace coa vocación de servir a toda Galicia, pero estará aberta tamén a todas as entidades locais do resto de España y de Portugal”. Neste sentido, preténdese converte Galicia nun foro nacional que aglutine a mellor oferta de produtos e servizos cunha presenza importante de outras entidades locais de España. Por iso, anunciou que tamén se prevé a incorporación como visitantes e expositores de entidades de colaboración transfronteiriza con Portugal.
Pola súa banda, Ricardo Durán, puxo en valor que este evento supón “a mellor ferramenta para amosar aos concellos galegos as últimas tecnoloxías e os servizos máis eficientes”, ao reunir ás empresas que podan ofrecerlles produtos e solucións para a súa xestión municipal e a prestación das súas competencias.
Ademais, sinalou que ExpoMunicipal se vai celebrar de xeito paralelo á cuarta edición da feira de enerxía Enerxétika, o que permitirá concentrar nun mesmo lugar un certame xa consolidado cun novo para formar unha macrofeira na que unha entidade local encontrará calquera produto ou servizo que poda necesitar.
ExpoMunicipal 2024
A área expositiva centrarase en produtos e servizos relacionados con sectores como mobiliario urbano, limpeza municipal, ciclo da auga, xestión e tratamento de residuos, medio ambiente, enerxías alternativas, obra pública, sinalización, paisaxismo, tráfico e mobilidade urbana, instalacións deportivas e de ocio, rehabilitación e mantemento ou iluminación.
Alcaldes e corporacións municipais, construtores e promotoras, empresas de servizos e tecnolóxicas ou técnicos municipais, entre outros, poderán coñecer todas as posibilidades coas que contan para planificar os seus investimentos e desenvolver os seus proxectos.
ExpoMunicipal 2024 será demais un foro de reflexión e debate sobre temas de máxima actualidade no ámbito da xestión municipal, a través dun atractivo programa de xornadas, presentacións e seminarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149