VIGO
A delegada da Xunta anima á cidadaniaa donar para a campaña “Cada neno un xoguete”
Ana Ortiz participou esta semana na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 16.000 xogos entre os pequenos vigueses o pasado ano
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, particpou este pasado xoves na presentación da campaña “Cada neno un xoguete 2023” que impulsa a Asociación Stop Vigo para levar miles de regalos este Nadal ata as casas dos máis pequenos. Durante o acto celebrado no Centro Comercial Gran Vía, a representante autonómica animou aos vigueses a participar na iniciativa que xa cumple a súa décimoquinta edición.
Acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias; do xerente do centro comercial, Fernando Pinto, e o organizador da campaña, Carlos Leiro, a delegada felicitou aos impulsores da campaña solidaria e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.
Segundo apuntou, a recolecta de agasallos comezou o pasado mes de outubro e finalizará o vindeiro 4 de xaneiro, cando levarase a cabo a entrega aos nenos e nenas viguesas. “Temos que conseguir que todos os nenos sorrían este Nadal porque a súa alegría será a nosa e por iso gustaríame tamén pedir a todos os vigueses que participen e doen”, sinalou.
Na edición do pasado ano 2022 foron recollidos máis de 16.000 xoguetes e ao longo das edicións celebradas a suma elévase ata máis de 88.000 regalos donados. En 2016 a campaña foi nominada para os premios Influence Awards, organizados pola firma Influencity, no apartado Mellor Campaña (Influence Campaign).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58