Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Domingo, 12 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 200.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética da antiga casa do concello de Portas

O presidente da Deputación asinou esta semana un acordo de colaboración, enmarcado no programa PON2030, co rexedor Ricardo Martínez nunha visita institucional ao municipio

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asinaron este xoves un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 176.472 euros, o 85 % do orzamento, os traballos para a mellora do estado de conservación e de eficiencia enerxética da antiga casa consistorial de Portas. O Concello, pola súa banda, achega o 15 % restante (31.142 euros).

 

A obra, valorada nun total de 207.614 euros, ten como obxectivo acometer unha mellora integral para reducir o consumo enerxético, así como para reparar e previr a aparición de humidades e filtracións. Con esta intención, levarase a cabo a substitución da cuberta para conseguir un illamento térmico axeitado, a substitución de fiestras e portas, a mellora do illamento térmico da fachada ou a renovación das instalacións eléctricas, de calefacción e de ventilación. “Desde o comezo do mandato comprometémonos a estar ao carón dos concellos e hoxe creo que somos fieis a ese compromiso”, declarou o mandatario provincial despois de asinar o protocolo.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Tui realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

Luis López destacou a importancia deste tipo de acordos para mellorar os servizos que os concellos prestan á súa veciñanza e remarcou o compromiso da Deputación para “escoitar as necesidades dos concellos e poñer os medios para facelas realidade”. Un novo exemplo de “municipalismo” que está recollido nos Orzamentos que se aprobarán este venres nun pleno extraordinario e que “dedican un de cada tres euros a apoiar directamente aos concellos”, subliñou López.

 

“Felicítovos polo proxecto que fixestes, competiades co resto da provincia e conseguistes un proxecto que logrou unha moi boa puntuación. Así se constrúe provincia para ir a máis”, concluíu o presidente da Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.