O PORRIÑO
En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento en Mosende
Os traballos abarcan dous tramos emprazados na EP-2041 e conectarán á rede existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao Torrón, en Pontellas
Xa están en marcha as obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Mosende, unha obra enmarcada nun proxecto con máis de 70.000 euros de orzamento subvencionada polo Plan Concellos 22-23.
O proxecto abarca dous tramos de ampliación emprazados na EP-2041, conectando á rede de saneamento existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao barrio do Torrón, en Pontellas. O mesmo inclúe un terceiro tramo en camiños de titularidade municipal na parroquia de Atios.
A nova rede proxectada extenderase 242 metros e permitirá a conexión varias vivendas á rede de saneamento de augas residuais.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, apuntou que a acometida da rede de saneamento son obxectivos prioritarios para o executivo e que baixo esta premisa seguirase avanzando de maneira planificada para acadar o saneamento integral. Neste sentido cabe lembrar que se están a elaborar os proxectos de toda a rede pendente, co fin de axilizar os trámites administrativos de cara a súa pronta execución.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115