GALICIA
Galicia se consolida como modelo en Europa no desenvolvemento de accións climáticas
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda clausurou a Xornada de boas prácticas públicas sobre acción climática e enerxética
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta semana que Galicia se consolida como modelo das rexións europeas no desenvolvemento de accións climáticas en todos os niveis da Administración.
Durante o acto de clausura da Xornada de boas prácticas públicas sobre acción climática e enerxética, organizado polo Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), Ángeles Vázquez subliñou que o Goberno galego é moi consciente da importancia que ten a implicación das autoridades locais e rexionais no obxectivo de acadar os obxectivos climáticos marcados pola Unión Europea para loitar contra o cambio climático.
Nesa liña de ir “desde o local ao global”, a vicepresidenta segunda fixo fincapé no éxito de iniciativas como o Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía. Na actualidade son xa 285 os concellos adheridos, dos que o 93% xa presentaron o Plan de acción polo clima a enerxía sostible (PACES), que é a folla de ruta indispensable para mellorar a eficiencia enerxética, utilizar enerxías renovables, aumentar a resiliencia e reducir as emisións.
A maiores, Ángeles Vázquez incidiu na relevancia de implicar nesta cuestión a todo o tecido produtivo da Comunidade. Con este obxectivo, a Xunta puxo en marcha a Alianza galega polo clima, que conta xa con 95 entidades adheridas, entre as que se inclúen universidades, autoridades portuarias, clubs deportivas e empresas de diversos ámbitos.
E para seguir promovendo iniciativas públicas e privadas de adaptación ao cambio climático, a Xunta presentou recentemente a iniciativa Galicia Resiliente, un servizo pioneiro de asesoramento técnico en materia de clima que, segundo dixo a vicepresidenta segunda, contribuirá a consolidar Galicia como rexión líder nesta materia.
Durante a súa intervención, a vicepresidenta segunda tamén subliñou que, ademais das accións climáticas, Galicia tampouco se queda atrás na aposta polas enerxías renovables coa aposta por un desenvolvemento eólico ordenado e compatible co medio ambiente a través dunha avaliación ambiental garantista, rigorosa, transparente e baseada en fundamentos científicos. Este procedemento garante a total compatibilidade coa conservación do noso patrimonio natural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149