GALICIA
A Xunta premia o enxeño da xente nova
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaos nomes dos gañadores da nova edición dos premios Talento Mozo Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o nome dos gañadores dos premios Talento Mozo Galicia na súa edición de 2023, convocados pola Consellería de Política Social e Xuventude. O obxectivo destes galardóns é dar visibilidade ao enxeño e capacidade de xente nova entre os 18 e 35 anos de idade cunha traxectoria relevante nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa, e Cultura e Creación.
Así, na categoría de Ciencia foi galardoado Mario Soilán Rodríguez; na de Rural o premio foi para Elio López García; na de Deporte: Adiaratou Iglesias Forneiro; na de Empresa recoñeceuse o talento de David Blanco Fraga e na modalidade de Cultura e Creación o xurado premiou a Iria Folgado Dopico.
Cada un dos gañadores recibirá unha gratificación económica de 5.000 euros, ademais dunha distinción honorífica e un diploma acreditativo. Os premiados nas dúas primeiras edicións de Talento Mozo Galicia pódense consultar na páxina web de Xuventude.
Traxectoria dos premiados
A actual liña de investigación de Mario Soilán Rodríguez, gañador na categoría de Ciencia, trata sobre a dixitalización e xeración de modelos de información no ámbito do transporte e lidera un proxecto de I+D para a mellora da seguridade viaria.
No apartado de Rural, o xurado recoñeceu a traxectoria de Elio López García. Fundou no ano 2020 a empresa Innogando, coa que conseguiu diversos recoñecementos. O obxectivo desta firma é proporcionar tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos gandeiros e a rendibilidade das granxas, sempre promovendo o benestar animal.
Esta edición de Talento Mozo tamén premiou a excelencia deportiva de Adiaratou Iglesias Forneiro, que o ano pasado recibiu o Premio Nacional de Deporte. Esta deportista paralímpica foi campiona de Europa adaptado en 100 e 400 metros, e competiu nos campionatos de España de persoas sen discapacidade.
David Blanco Fraga, premio ao Talento Mozo no ámbito empresarial, é fundador da empresa Beniu. Esta firma aposta pola innovación e as novas tecnoloxías aplicadas ao sector agrofestal e especializándose en tratamentos aéreos e teledetección con drones para a protección e mellora da saúde vexetal.
E na modalidade de Cultura e Creación premiouse o enxeño de Iria Folgado Dopico, oboísta que completou os seus estudos superiores de música no ‘Hanns Eisler’ de Berlín. Foi academista na ‘Karajan Akademie der Berliner Philharmoniker” e tocou baixo a batuta de directores de renome internacional como Simon Rattle ou Iván Fischer, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149