MOS
Arévalo e Loureiro visitan ás mosenses participantes en “Galegas Dixitais”
A alcaldesa de Mos e a concelleira de Emprego achegáronse ata a Axencia de Colocación para compartir coas 25 mulleres residentes en zonas rurais a súa experiencia neste curso no que melloran as súas capacidades dixitais e o seu nivel de empregabilidade
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, visitaron na Axencia de Colocación do Concello ás 25 participantes nas accións formativas enmarcadas no programa “Galegas Dixitais”. Este programa vai dirixido a mulleres preferentemente desempregadas ou que estean en situación de demanda de mellora de emprego. A rexedora local e a edil de Emprego compartiron con elas a súa experiencia neste curso no que melloran as súas capacidades dixitais e o seu nivel de empregabilidade.
Ademais do título oficial, as participantes conseguirán un computador portátil CHROMEBOOK gratuíto, para poñer en práctica todo o aprendido. Os cursos están financiados pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovidos pola Xunta de Galicia a través da Oficina Emprego Galicia. Os obxectivos que se pretenden alcanzar coa impartición destas formacións pasan pola mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a redución da brecha de xénero. No mes, de outubro están previstos 2 cursos de 135 horas cada un, nos cales se impartirán os seguintes módulos:
- Competencias dixitais básicas.
- Competencias dixitais avanzadas.
- Iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento.
Datos dos cursos (ambos teñen as mesmas datas):
- Inicio: 30/10/2023.
- Finalización: 14/12/2023.
- Horario:
- Mañá: 09:00 a 14:00 horas.
- Tarde: 16:00 a 21:00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60