VIGO
A sede viguesa daDeputación acollerá a final do Torneo de Debate da UVigo
Cubela mantivo unha xuntanza coa Asociación de Debate Retórica da Universidade de Vigo, organizadora do Torneo, coa que tamén se comprometeu a colaborar a través do novo servizo de Xuventude da Deputación
O deputado de Xuventude da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, acaba de reunirse co presidente da Asociación de Debate Retórica da Universidade de Vigo, Tomás Aparicio, para abordar posibles liñas de colaboración de cara ao novo mandato provincial. No encontro, Cubela confirmou a cesión da Sala Rosalía da Sede da Deputación en Vigo para acoller a final do Torneo de Debate da Universidade de Vigo que se celebrará entre os días 24 e 25 de novembro na cidade olívica.
O Torneo de Debate da Universidade de Vigo, enmarcado na Liga Española de Debate Universitario, celebra este ano a súa segunda edición e contará coa participación de 16 equipos. Trátase “dunha excelente forma de achegar o mundo do debate ao territorio provincial”, asegurou o deputado provincial quen tamén remarcou o feito de que a Universidade de Vigo, “a nosa universidade, a da provincia, sexa organizadora do primeiro torneo clasificatorio da Liga Española de Debate Universitario de Galicia”. De feito, o vencedor do torneo, que se coñecerá na sede da Deputación en Vigo, optará á clasificación directa á fase final desta Liga, prevista para finais do 2024 e onde se darán cita os 16 mellore equipos de universidades do territorio estatal.
Jorge Cubela aproveitou a ocasión para poñer en valor que “o apoio á mocidade da provincia é, para nós, prioritario. Non se trata dunha simple declaración de intencións, senón dunha realidade que acaba de materializarse coa creación do novo servizo provincial de Xuventude e Reto Demográfico”. Ademais recordou que o próximo ano o servizo de Xuventude estará dotado de 1,2 millóns de euros para impulsar proxectos e actividades dirixidas á mocidade das que -como adiantou o deputado- poderá beneficiarse a Asociación de Debate Retórica da Universidade de Vigo. “Queremos –engadiu Cubela- que teñades oportunidades e que estas se dean aquí, na nosa provincia, porque somos moi conscientes de que para que Pontevedra vaia a máis vós tendes que participar no noso proxecto”.
A Asociación de Debate Retórica da Universidade de Vigo ten sido proclamada subcampioa da Liga Española de Debate Universitario en 2022 e campioa en Torneos organizados pola Universidade de Málaga no 2022 ou Almería no 2023. O seu presidente Tomás Aparicio ten conseguido gañar o Mundial de Oratoria en Castelán este mesmo ano e outro dos seus integrantes, Guillermo Fernández, foi dúas veces proclamado mellor orador da Liga Española de Debate Universitario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22