PROVINCIA
Case 350.000 euros para mellorar a accesibilidade peonil na rúa Alameda de A Lama
O presidente da Deputación de Pontevedra asinou esta semana un convenio de colaboración, enmarcado no programa PON2030, co alcalde David Carrera
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu esta semana no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde da Lama, David Carrera, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 300.000 euros, o 90 % do orzamento, os traballos para a mellora da accesibilidade peonil na rúa Alameda deste municipio. O Concello, pola súa banda, achega o 10 % restante (30.000 euros). Un novo exemplo do municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación, que neste caso permitirá á veciñanza da Lama desfrutar dun espazo ao aire libre renovado e no que os peóns serán os protagonistas.
A obra, valorada nun total de 336.000 euros, servirá para a mellora da accesibilidade peonil na rúa e que esta céntrica vía ofreza unha imaxe máis coidada e adaptada aos novos tempos. Para acadar o obxectivo, a intervención consistirá na substitución do pavimento actual de asfalto por outro de lousas de granito para a zona peonil e de formigón para as zonas de uso mixto. Ademais, adoptaranse medidas para reducir a velocidade dos vehículos, crearase unha plataforma única que dará prioridade á mobilidade peonil, delimitaranse as zonas de aparcamento, ampliaranse as beirarrúas, plantaranse novas árbores, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano e adaptarase a iluminación á contorna. Un proxecto que contribúe a humanizar o espazo público reducindo o uso do coche e situando á Lama na senda da axenda urbana europea na que está a traballar a Deputación apoiando proxectos deste tipo.
Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Meis realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.
Acordos como o asinado entre o Concello da Lama e a Deputación son un exemplo de que para o goberno provincial os protagonistas son os 61 concellos. Con esta humanización, A Lama contará cunha nova Alameda que simboliza tamén un novo ciclo de colaboración e entendemento entre o Concello e a Deputación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163