DEPORTES
Iker Rodríguez aspira a ser campión de España en Moto4
O piloto porriñés partíu cara Montmeló onde loitará por ser o primeiro galego que gaña o título nacional de velocidade na súa primeira temporada en Moto4
O piloto porriñés Iker Rodríguez aspira esta fin de semana a ser Campión de España en Moto4. Será no circuíto de Montmeló onde disputará a última proba da temporada.
O porriñés, que será o máis novo dos participantes na proba, chega á última xornada a un punto do seu compañeiro, Andrés García, e con tres vitorias ás súas costas. Pase o que pase en Montmeló, xa ten asegurado o salto á cilindrada superior e o ano que vén competirá en PreMoto3.
Pese á súa idade, Iker conta xa cunha sólida traxectoria. Aos tres aniños de idade subiuse a unha moto por primeira vez, con nove proclamouse Campión de España de SuperMotard e agora con doce pode ser o primeiro piloto galego que se faga co campionato nacional de velocidade na súa primeira temporada en Moto4.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, despediu onte a Iker antes de saír cara Montmeló. “Iker é o claro exemplo da importancia de loitar polos teus soños e facelo con responsabilidade, constancia e esforzo”, apuntou o alcalde, “O seu pobo está ao seu lado para apoialo no que se propoña porque os seus éxitos sentímolos nosos. Estamos moi orgullosos de ti Iker”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58