VIGO
Luis López destaca a excelencia formativa da Universidade de Vigo
O presidente provincial visitou o campus de Vigo acompañado pola vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, para coñecer os proxectos que a UVigo ten en marcha e ratificar a vontade colaboradora do goberno da Deputación
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, realizou este mércores a súa primeira visita institucional á Universidade de Vigo para manter unha reunión de traballo co reitor Manuel Reigosa. Un encontro no que tamén participou a vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, e que serviu para coñecer de primeira man as instalacións e os proxectos formativos e de investigación que se están levando a cabo no campus de Vigo, así como para tratar vías de colaboración entre as dúas institucións. “A provincia de Pontevedra non se entende sen a Universidade de Vigo e as vías de colaboración van continuar porque ese é o noso espírito”, adiantou o mandatario provincial ao remate da reunión.
Coa presenza das vicerreitoras de Investigación e do Campus de Pontevedra, Belén Rubio e Eva Lantarón; a entrevista serviu para afondar en asuntos relacionados coa actualidade e plans de futuro que ocupan a ambas as institucións. Neste sentido, ambos os dirixentes falaron tamén da situación da Escola de Enfermería, que pertence á Deputación pero está plenamente integrada na Universidade. Unha escola que o próximo ano verá incrementado o seu orzamento ata o medio millón de euros, un 5,6 % máis que o ano anterior.
“Son moitos os programas e convenios que había e que vai haber”, resumiu Luis López ratificando a intención do Goberno provincial para seguir colaborando coa Universidade de Vigo en ámbitos como o Medio Ambiente, o Deporte ou a Igualdade, entre outros.
“A colaboración vai ser clave para facer unha provincia máis competitiva e na que os mozos e mozas teñan futuro”, rematou o presidente da Deputación de Pontevedra antes de iniciar un percorrido polos laboratorios do CACTI e CINBIO acompañado polos dirixentes da Universidade e os responsables destes centros de investigación para coñecer os proxectos que teñen en marcha.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58