Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Presentación do Equipo do Club Natación Ponteareas para a Tempada 2023-24

O pasado sábado 11 de novembro tivo lugar a presentación das diferentes categorías que conformarán o equipo co que o Club Natación Ponteareas afrontará a tempada 2023-24.

 

 

O club mantén representación en todas as categorías federadas, desde os/as prebenxamíns ata o equipo máster, superando as 150 licenzas.

 

[Img #85171]

 

Recentemente, o equipo incorporou unha sección de natación inclusiva, baixo o selo de CN Ponteareas-Darlim, e conserva as súas sedes de adestramento nas piscinas do Complexo Universitario de Vigo e no complexo deportivo Álvaro Pino, en Ponteareas.

 

O presidente e director técnico da entidade do condado, Andrés Carrera, fixo un repaso dos diversos logros acadados na pasada campaña e marcou algúns obxectivos para a próxima. Entre eles, destaca a procura do ascenso do equipo absoluto á división de Honra galega e a participación do equipo feminino na Copa de España. Resaltou tamén a importancia do papel de cada equipo nas súas respectivas ligas e campionatos autonómicos, así como o desexo de manter a participación de nadadores e nadadoras do club do Tea en campionatos nacionais e internacionais, tanto en piscina como en augas abertas, unha disciplina na que o club acadou éxitos recentes.

 

Finalmente, lembrou algúns dos eventos que o club ponteareano organizou a tempada pasada, agradecendo o esforzo de persoas, institucións e patrocinadores para que sexan unha realidade cada ano. Sen revelar aínda que citas poderían celebrarse esta tempada en Ponteareas, Andrés deixou aberta a posibilidade de que tanto a piscina Álvaro Pino como o río Tea se convertan en sede de diferentes competicións.

 

O calendario autonómico xa comezou cunha novidade: o estreo na federación galega de natación dun novo presidente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.