Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Sábado, 18 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Deputación arranxa pola vía da urxencia os danos do temporal na estrada Panxón-Patos

A institución provincial dedica 150.000 euros a reparar o muro de contención situado á altura da praia da Madorra na EP-2104 Panxón-Patos, en Nigrán, para garantir a viabilidade e a seguridade viaria no tramo afectado da calzada

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar o procedemento de contratación por urxencia da reparación do muro de contención situado na praia da Madorra, en Panxón, e que se corresponde cun treito da EP-2104 Panxón-Patos. A institución provincial dedicará a estes traballos un investimento de 150.000 euros para actuar nun treito de arredor de 250 metros.

 

A infraestrutura sufriu danos por mor dos temporais que se veñen sucedendo no último mes, concretamente durante a última semana de outubro, cando o muro se viu afectado gravemente e con risco para os seus usuarios debido á preamar máxima que se rexistrou na zona. Ademais por mor dos temporais, a cementación do muro de cachotería quedou no aire ao levar o mar toda a area da praia, quedando as rochas do fondo á vista. Os danos chegaron tamén á propia calzada, producíndose unha fenda lonxitudinal signo do seu afundimento. A consecuencia diso, e tendo en conta o probable colapso en próximos temporais, a Deputación de Pontevedra procedeu a cortar o tránsito peonil do paseo marítimo co que conta a estrada provincial, así como á desviación do tráfico rodado.

 

A actuación de emerxencia que vai acometer a Deputación garantirá a viabilidade do uso e seguridade da estrada e evitará riscos de danos maiores antes de que se vexan afectados o resto do muro e mais o paseo marítimo. Repararase o muro, reforzarase a súa base e desmontarase a pasarela. No caso do muro, será necesario demoler e reconstruír as zonas afectadas así como enchelo con materiais adecuados. Tamén se reporá a rede de drenaxe e o paquete de firme na zona afectada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.