Martes, 21 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 26 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
ACTUALIDAD

Do 28 ao 30 de novembro seguridade, defensa e emerxencias amosarán as súas novidades en SEDEXPO

ESTA SEGUNDA EDICIÓN DO CERTAME, QUE TERÁ LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, CONXUGARÁ UNHA ATRACTIVA ÁREA EXPOSITIVA CUN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES CON EXHIBICIÓNS, SIMULACROS, TALLERES E XORNADAS TÉCNICAS

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a súa segunda edición, a cal terá lugar do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

 

SEDEXPO 2023 volverá conformar un punto de encontro no que organismos públicos, institucións, empresas e profesionais destes ámbitos vitais para a sociedade poderán explorar oportunidades de colaboración, intercambiar experiencias e poñer en valor a innovación.

 

A súa área expositiva contará con empresas e entidades que mostrarán interesantes novidades e iniciativas. Expoñerase equipamento e sistemas de seguridade pública e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil e Emerxencias; equipos de protección individual, tecnoloxía aplicada, ferramentas de ciberseguridade, análise e intelixencia; solucións de prevención de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detección e extinción de incendios, robótica, aeronáutica, simulación e servizos de consultoría e enxeñería, entre outros.

 

En canto ao seu programa de actividades, destacará de novo polo seu gran atractivo. As súas conferencias e talleres terán gran interese para a transferencia de coñecementos, mentres as súas exhibicións e simulacros permitirán ao visitante tanto comprobar in situ o as funcionalidades de produtos e servizos como sorprenderse coas capacidades de distintos corpos de emerxencias e de seguridade do Estado.

 

Para todo iso, unha vintena de entidades, departamentos da Xunta de Galicia e da Administración Central e colectivos vinculados cos sectores implicados volven apoiar esta cita desde o seu comité organizador e como colaboradores.

 

Ademais, SEDEXPO conta novamente co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estratéxica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover solucións innovadoras baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs) para mellorar a prestación dos servizos públicos e crear un polo de innovación tecnolóxica neste segmento do sector aeroespacial.

 

Unha feira única polo seu dinamismo

A posibilidade de mostrar e ver en funcionamento e a través de demostracións aquilo que noutras feiras se expón dunha forma moito máis estática, é xa un sinal de identidade de SEDEXPO desde a súa pasada edición e un dos seus principais aspectos diferenciadores.

 

Unha condición que converte a este certame en único, e que é grazas á súa celebración na Feira Internacional de Galicia ABANCA, un recinto con 400.000 metros cadrados de superficie con gran versatilidade debido aos seus múltiples pavillóns, os 55.000 metros cadrados de espazos exteriores destinados a exposición ou actividades, o lago artificial ou o ring con bancadas cubertas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.