PROVINCIA
Educación supervisa a primeira fase de obras do Instituto Valle-Inclán
O xefe territorial da Consellería en Pontevedra avanzoulle ao equipo directivo a convocatoria da terceira reunión da comisión de seguimento para o xoves día 30
O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, acompañado do equipo técnico de obras, visitou esta semana o Instituto IES Valle-Inclán para comprobar o desenvolvemento dos traballos da primeira fase de reforma que se están levando a cabo neste centro.
A visita tamén serviu para comprobar a correcta colocación dos vinilos nas aulas móbiles, dando así resposta a unha demanda da comunidade educativa para preservar a intimidade do alumnado e do profesorado que utiliza estes módulos mentres se desenvolven os traballos. Atendendo ás peticións realizadas polo equipo directivo, tamén se colocaron timbres, sirenas e unha porta de seguridade.
Así mesmo, César Pérez Ares comprobou que as obras desta primeira fase de reforma do instituto están avanzando a bo ritmo e segundo a planificación prevista. Nestes momentos xa se acometeu o reforzo estrutural nos forxados do chan das tres plantas e están desmontados os falsos teitos. A partir disto, vaise proceder ao acabado dos solos, paredes, teitos e instalación eléctrica das nove aulas desta primeira fase. No semisoto continuarase cos acabados do chan e do teito e dos vestiarios así como cos traballos de albanelería nos tabiques de distribución de interiores.
Información periódica á comunidade educativa
O representante da Consellería en Pontevedra aproveitou para comunicarlle ao equipo directivo a convocatoria dunha nova reunión da comisión de seguimento -a terceira deste tipo que se celebra- para o xoves día 30 deste mes, onde tanto o propio centro como as familias poderán recibir información de primeira man sobre o desenvolvemento da obra así como manifestar todas as consideracións que estimen pertinentes.
Cómpre lembrar que a creación desta comisión, con reunións periódicas, foi un compromiso da Xunta para, entre representantes da Consellería, do centro e das familias, avaliar e abordar periodicamente calquera cuestión que poida xurdir ao longo do tempo que duren as obras.
Cun importe de 4,7M€ e un prazo de execución de 16 meses, a rehabilitación integral no Instituto Valle-Inclán supón actuar na totalidade deste edificio histórico. É a maior obra nestes momentos nun centro educativo galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163