DEPORTES
A Xunta reforza o seu compromiso co Gran Camiño como exemplo global da grandeza de Galicia
O presidente da Xunta, acompañado do secretario xeral para o Deporte, mantivo unha reunión en San Caetano co director xeral da firma de eventos deportivos Emesports e da proba ciclista O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantivo unha reunión en San Caetano co director xeral da firma de eventos deportivos Emesports e da proba ciclista O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera. O Goberno galego afianza o seu compromiso cunha proba ciclista como O Gran Camiño que xa deixou grandes beneficios nas súas edicións de 2022 e 2023 e que levará a cabo a súa vindeira edición, entre o 22 e o 25 de febreiro de 2024.
Tras a xuntanza mantida en San Caetano, o secretario xeral para o Deporte asegurou -en referencia á Volta ciclista a Galicia que foi profesional ata o ano 2000- que o Gran Camiño é “a volta ciclista profesional de Galicia que nunca debeu desaparecer, pero que agora, volveu para quedarse”. Lete Lasa destacou a magnitude dunha proba que conta entre os seus gañadores a un campión mundial como Alejandro Valverde e a un bicampión do Tour de Francia como Jonas Vingegaard pero tamén apuntou que “o verdadeiro potencial da proba excede o ámbito deportivo”. Neste sentido, o mandatario galego destacou que a proba obtén retransmisións en 170 países e case 9 millóns de impactos en redes sociais que fan que a imaxe de Galicia chegue a todo o mundo e que cada vez sexan máis os que queiran vir coñecernos”
Tras facer un percorrido polos grandes éxitos do noso ciclismo galego como as 33 etapas galegas de La Vuelta nos últimos dez anos ou o liderado dos nosos equipos no ranking elite sub23, Lete Lasa afirmou que “todo este traballo deixa un pouso excepcional non só no noso turismo senón tamén no noso deporte, xa que desde 2009 as licenzas de ciclismo cuadriplicáronse ata superar as 8.000 e desde 2019, as mulleres federadas tamén subiron nun 20%”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58