Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 22:10:21 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos informa da posibilidade de participar no seu IX Programa Integrado de Emprego

As persoas demandantes, interesadas en mellorar a súa empregabilidade, poden dirixirse á Axencia de Colocación do Concello

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, informaron hoxe de que desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos estase iniciando a selección dos 100 participantes no novo Programa Integrado de Emprego que foi concedido pola Xunta de Galicia á administración local mosense.

 

O Programa está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. E as persoas interesadas en participar nel poden chamar por teléfono á Axencia de Colocación do Concello de Mos ao número 986487786, pasar persoalmente polas devenditas dependencias municipais, ou escribir un correo electrónico ao enderezo piemos@concellomos.es

 

Esta trátase da IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos. E neste senso a rexedora mosense, Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego, por iso quero agradecer a man tendida da Xunta de Galicia polo seu apoio incondicional a programas coma este no Concello de Mos, ás empresas pola súa colaboración e participación neles; e, aos usuarios e usuarias, animalos a seguir esforzándose e continuar formándose e realizando unha busca proactiva que, de seguro, dará os seus froitos”.

 

E é que o recén finalizado VIII Programa Integrado de Mos, que rematou o pasado 16 de novembro e no que participaron un total de 100 persoas, acadou unha porcentaxe de inserción superior ao 60%. Porcentaxe de inserción co que se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.

 

Os obxectivos dos Programas Integrados son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante tales como a axuda de 10 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan.

 

Esta nova IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos conta con subvención auntonómica da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 220.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.