Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 17:49:12 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño implícase contra a violencia de xénero

Onte celebrouse no Centro Cultural a mesa coloquio “A violencia contra as mulleres dende o ámbito xudicial e social” na que profesionais especializadas abordaron a violencia de xénero no sistema xudicial e o réxime de visitas no novo marco normativo

A programación con motivo do 25 de novembro, Día da eliminación da violencia contra a muller, xa está en marcha no Porriño. O obxectivo, sensibilizar á veciñanza en xeral da gravidade e dimensión do problema da violencia contra as mulleres e, á vez, avanzar na prevención destas condutas violencias.


Onte celebrouse no Centro Cultural a mesa coloquio “A violencia contra as mulleres dende o ámbito xudicial e social” na que profesionais especializadas abordaron a violencia de xénero no sistema xudicial e o réxime de visitas no novo marco normativo. A xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº3 do Porriño, Dna. Raquel Casas Santomé, e a Fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra, Dna. Paula Blasco Muela, departiron cos/as asistentes sobre estas cuestións ademais de responder todas as súas dúbidas ao respecto.


As actividades continúan o venres, 24, co Ciclo de cinema contra a violencia de xénero que se desenvolverá no Centro Cultural, a partir das 18:30 h. Proxectaranse sete curtametraxes: “36” de Ana Lambarri sobre violencia no fogar, “A entrevista” de Fernando Tato e Susana Sampedro sobre violencia no fogar, “Anatomía dunha serea” de Adriana Páramo sobre violencia obstétrica, “O peor que podería pasar” de Elena Tara sobre Ciberviolencia, “Harta” de Julia Castro sobre violencia vicaria, 16 de decembro de Álvaro Gago sobre acoso sexual e “Best seller” de Mark Lemcke sobre rapto.


O sábado 25 de novembro as actividades desenvolveranse pola mañá. A partir das 10 h instalarase o Punto Violeta na praza do Concello á vez que dá comezo o seminario de defensa persoal feminina. Ás 11 h sairá da praza arquitecto Antonio Palacios a I Andaina Familiar contra a Violencia de Xénero e unha vez finalizada, arredor das 12:30 h na praza procederase á lectura do manifesto e gardarase un minuto de silencio para recordar a todas as mulleres vítimas. Pechará a conmemoración un concerto de piano e corda na súa memoria.


O mércores 29 de novembro pecharase a programación con obradoiros nos IES sobre a “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”, impulsados polo Concello do Porriño en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.