REDONDELA
Luis López eloxia os estudantes redondeláns que participarán na Olimpíada de Ciencias en Tailandia
O presidente provincial visitou o instituto Illa de San Simón acompañado polo deputado de Xuventude, Jorge Cubela, para coñecer en detalle o programa educativo do centro, participante activo nos programas DepoEmprende que promove a Deputación
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, felicitou este mércores aos estudantes do IES Illa de San Simón de Redondela que participarán, entre o 1 e o 10 de decembro, na Olimpíada Xuvenil de Ciencias que se celebra na Unversidade Srinakharinwirot de Bangkok, en Tailandia. Os tres alumnos de bacharelato, clasificados despois de gañar as fases autonómica e nacional deste certame no que tiñan que superar probas de física, química, bioloxía, xeoloxía e matemáticas; son Carla Acosta, David lago y Rubén lago e integran un equipo chamado “Os raios de Redondela”. “Estamos moi orgullosos de vós, o que conseguistes a nivel autonómico e nacional énchenos de orgullo”, felicitounos o mandatario provincial, pedíndolles que desfruten da experiencia.
Acompañado polo deputado responsable da área de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, que repartiu uns agasallos entre os estudantes; o presidente da Deputación percorreu o instituto acompañado por membros da dirección do centro, que lle ensinaron as principais estancias do instituto. Unha visita Luis López aproveitou para poñer en valor o programa educativo deste instituto no que “as ciencias son moito máis ca unha materia”, confesou estendendo os parabéns a todo o claustro de profesores. “Unha parte do mérito destes alumnos tena tamén o instituto IES Illa de San Simón e o conxunto dos seus profesores. Sodes un exemplo por todo o que facedes pola Educación en Galicia”, recoñeceu o presidente provincial.
A clasificación destes tres estudantes para este certame internacional é unha razón máis para reforzar o compromiso do goberno da Deputación no apoio á Xuventude e á formación. Neste sentido, Luis López recordou os programas que o goberno provincial ten en marcha para potenciar o talento da mocidade, que están incluídos no servizo de nova creación de Xuventude e Reto Demográfico, dotado con 1,2 millóns de euros, que inclúe axudas a centros educativos ou á organización de actividades e eventos xuvenís, así como o programa de becas para a realización de prácticas laborais en países da Unión Europea ou os premios provinciais á xuventude que premian con 36.000 euros o talento da poboación máis nova da provincia.
Esta visita ao IES Illa de San Simón servíu tamén para coñecer o grupo de alumnos que participa este curso no programa DepoEmprende, unha actividade á que a Deputación destina no exercicio do 2024 unha partida de 51.000 euros, así como unha contía adicional de 30.000 euros para a contratación dun auxiliar administrativo que se encarga da xestión desta iniciativa. No presente curso académico son 24 os centros educativos da provincia que están a participar. As actividades consisten no desenvolvemento dunha idea de negocio que sae ao mercado e cuxos beneficios destínanse a fines benéficos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122