Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Comercio do Porriño súmase ao Black Friday

O venres 24 de novembro, os comercios do Porriño abrirán ata as 22 h con descontos, sorteos e actividades para pequenos e maiores.

O comercio do Porriño aposta un ano máis polas ofertas e promocións para dar o pistoletazo de saída á campaña de compras de Nadal. Co fin de dinamizar o comercio e incentivar as ventas, ACIPOR, en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, celebran este venres o Black Friday con descontos, sorteos e comercios abertos ata as 22 h.

 

Haberá tamén moitas actividades para que a xornada de compras sexa máis divertida. De 17 a 18 h haberá un pintacaras para os cativos e cativas na rúa peonil e ás 18 h comezará a Búsqueda do Tesouro polos comercios. Os nenos e nenas que queiran participar terán toda a información e a primeira pista no posto do pintacaras. Ás 19:30 tamén haberá un obradoiro infantil gratuíto en Hypatia Porriño.

 

Pero iso non é todo. Mercar no Black Friday do Porriño tamén pode ter premio: sorteareanse cinco tarxetas regalo de 100 euros. Ademais, a partir das 21:30 h, a praza Arquitecto Antonio Palacios vibrará ao ritmo da música.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.