GALICIA
Rueda desvela as axudas para facilitar o acceso á vivenda e a súa rehabilitación
Resalta que Galicia xa ten unha das “políticas de vivenda máis ambiciosas” do país e que o obxectivo é facer “máis sinxelo e doado” o acceso da cidadanía a un fogar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta reforza a súa política de vivenda con tres novas medidas para facer “máis sinxelo e doado” o acceso da cidadanía a un fogar e para impulsar a rehabilitación de inmobles na comunidade. “Haberá incentivos para os promotores que constrúan vivenda para destinar a alugueiro accesible, reformaranse as axudas ao alugueiro para facelas progresivas, en función da renda, e haberá unha nova rebaixa fiscal”, resaltou.
Estas novas medidas enmárcanse no compromiso da Xunta con impulsar vivenda pública e mellorar o acceso a un fogar. “Galicia é a comunidade coa política de vivenda máis ambiciosa”, indicou o presidente, que lembrou que desde 2009 “preto de 5.000 persoas accederon a unha vivenda de promoción pública” e que o Goberno galego está a traballar para “impulsar 1.900 novos fogares de alugueiro e 3.000 de promotores privados”. O obxectivo máis inmediato da Xunta é “incrementar nun 50% o parque galego de vivenda público”, o que implicará un investimento de 250 millóns de euros.
O Consello tomou hoxe razón dun informe da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre o catálogo de axudas que se convocarán o vindeiro ano neste eido. Tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, “a Xunta mobilizará o ano que vén un orzamento ampliable de 56 millóns de euros”, a través dunha vintena de liñas de axudas e programas co obxectivo común de facilitar o acceso á vivenda, en réxime de compra ou de alugueiro, e apoiar a particulares, comunidades de propietarios e concellos na rehabilitación de inmobles e edificios de uso residencial.
En concreto e co fin de facilitar e garantir o acceso da cidadanía á súa vivenda habitual, está previsto apostar por una decena de programas para compra e alugueiro dotados en total de 44,42 millóns de euros.
Ademais e para seguir apostando pola rehabilitación do patrimonio residencial xa construído, tamén se convocarán outras liñas de subvención, dotadas para o ano que vén de 12,1 millóns de euros, unha partida que previsiblemente será moito maior, xa que polo momento se descoñece o importe que se asignará ás axudas para a rehabilitación enerxética financiadas con cargo ao NextGenerationUE, debido a que o Ministerio aínda non fixo a nova repartición dos fondos europeos entre as comunidades autónomas.
Partindo destas dotacións iniciais, a previsión do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) é que se poidan conceder ao redor de 6.100 axudas para a compra ou o arrendamento da vivenda habitual e, no eido da rehabilitación, considérse que as distintas ordes de subvencións permitan financiar a recuperación de, como mínimo, 2.100 inmobles, aos cales hai que sumar outros 16.000 máis nos cales vai actuar grazas ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética que se están a resolver nestes momentos (convocatoria de 2023).
En materia de acceso á vivenda en réxime de alugueiro, cómpre subliñar a introdución por parte da Xunta dunha serie de novidades na orde de axudas directas para inquilinos. Grazas á incorporación de fondos propios da Comunidade para o seu financiamento, a convocatoria de 2024 sairá por 20 millóns de euros —10 millóns para o vindeiro exercicio e 10 millóns para 2025—.
Esta dotación permitirá chegar a un maior número de persoas (estímase que serán ao redor de 3.600 beneficiarios) pero, ademais, tamén se introducirán cambios substanciais nos criterios da futura orde que permitirán cubrir en determinados supostos “o 60 % do importe da renda mensual do alugueiro”, explicou a conselleira, cando ata o de agora a subvención era do 50 %.
Para tal fin e como novidade, incrementarase en 10 puntos a porcentaxe da axuda que lle correspondería en función dos seus ingresos cando a persoa solicitante pertenza a algún dos seguintes colectivos, tendo en conta as dificultades que adoitan ter á hora de acceder a un fogar: os menores de 36 anos, as familias numerosas e as monoparentais, os emigrantes retornados e todas as persoas que leven 1 ano ou máis inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida do IGVS.
Estas novidades no programa de axudas ao alugamento de vivendas permitirán que o seu funcionamento sexa “máis xusto e en función das necesidades” dos demandantes, indicou Vázquez, xa que se terán en conta tanto os ingresos como as circunstancias persoais e familiares dos solicitantes en lugar de facer unha repartición lineal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149