CULTURA
O programa ‘Nadal en rede’ da Xunta achegará propostas de ocio a 41 concellos galegos
O secretario xeral de Política Lingüística presenta esta campaña que achega recursos e actividades en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación da XI edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que achegará durante as festas seis propostas de ocio en galego a 41 concellos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
O titular de Política Lingüística, que estivo acompañado dos representantes das compañías artísticas participantes, explicou que nesta edición “hai cabida tanto para espectáculos dirixidos á cativada e as súas familias como para un público adulto”, xa que o importante “é que todo o mundo poida desfrutar de actividades en lingua galega durante estas festas”. Ademais, Valentín García anunciou que este ano “se presenta “por primeira vez un disco con cancións de Nadal en lingua galega da man do grupo Ailá para contribuír a divulgar e dar a coñecer o rico patrimonio galego da tradición oral destas datas”.
O disco, Ailá de Nadal, está composto por oito temas tradicionais cos que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o grupo folk galego queren animar os comercios e familias a ambientar e celebrar as festas en lingua galega. O disco completo pode escoitarse no Portal da Lingua Galega.
Actividades e 41 concellos
En canto ás actividades, Nadal en Rede ofrece seis propostas distintas que van desde o teatro á música pasando polos monicreques ou as contadas. A primeira cita será o venres 1 de decembro no Centro Cultural Manuel Lamazares, en Rodeiro, co espectáculo teatral A viaxe feliz de Ramón San Fiz, da compañía Fantoches Baj. Baseada no libro Galicia, de Francisco Fernández del Riego, esta peza teatral para público familiar e adulto visitará posteriormente os concellos de Boborás, Moaña, Xermade, Vila de Cruces, Santa Comba, Mondoñedo, Cariño, Fene e Bóveda.
Outras proposta para público infantil e familiar son Palabras, de Baobab Teatro, que a través da música, os xogos e as historias tradicionais chegará da man de Nadal en Rede aos concellos de Padrón, Mos, Sanxenxo, Pobra de Trives, Cee, O Corgo, Monterroso e Baiona; e Os Piñeiriños. Xa é Nadal, que visitará cos seus protagonistas, Fuco e Xela, os concellos de Vigo, A Estrada, Santiso, Vilanova de Arousa, Lalín e Mondariz-Balneario.
Tamén para a cativada e as súas familias son os espectáculos Contos e cantos de Nadal, no que o trío composto por Uxía, Sèrgio Tanus e Santiago Cribeiro interpretará un repertorio propio destas festas en Poio, Cerdedo-Cotobade, Ribeira, Outes, Oímbra, Xinzo de Limia, Covelo e Soutomaior; e Contos de Nadal, no que que a contadora Ángeles Goás invita o público a mergullarse na escoita de historias propias destas festas en Brión, Gondomar, A Fonsagrada, Oroso e San Cristovo de Cea.
Por último, e para público adulto, a compañía En Branca e Negra levará a proposta De ida e volta -que mestura a narración oral, o teatro e a música nunha homenaxe aos migrantes- aos concellos de Cambados, A Estrada e Vigo.
As datas exactas, lugares e horas de cada pase poden consultarse no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145