Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 13:25:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 24 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Cinco votos manterán o dobre sentido na rúa Bouzavella

O 'referendum' inaugura un feito prácticamente inédito na política local galega e que vai en liña de construír unha democracia máis participativa no municipio

O Concello de Nigrán inaugurou un feito inédito practicamene na política galega coa convocatoria dunha consulta popular para que os propios veciños de Bouzavella (Panxón) decidirán o futuro da súa rúa. O resultado, moi axustado, foi favorable a manter a bidireccionalidade con 29 votos fronte aos 24 que pedían mudar a sentido único a partir do cruce de Gorféns. O propio índice de participación, un 85,7%,  ratificou o interese desta convocatoria pioneira na que estaban chamadas a votar 62 persoas maiores de idade empadroadas nesta estrada. Esta iniciativa é un paso máis do Concello de Nigrán a favor da democracia participativa, dándose o primeiro o pasado mes de xuño ao realizar unha enquisa online de cara a regular a presenza de cans nas praias.

 

"Tomamos nota da situación, practicamente a metade dos veciños queren unha cousa e a outra metade outra, polo que isto nos reafirma en que non se pode tomar ningunha decisión radical nin inmediata, así que traballaremos para humanizar esta rúa respectando o resultado das furnas", explica o alcalde, Juan González, quen aposta por "estudar medidas que outorguen maior seguridade vial e deixe de ser un mero lugar de atallo para vehículos entre  Estrada pola Vía e Tomás Mirambell". Así, a estreiteza da rúa, unido a aparcamentos indebidos, dificulta a maniobrabilidade e impide que en moitos tramos se poidan cruzar simultáneamente dous vehículos,  xerando conflitos entre usuarios polas preferencias de paso, especialmente no verán, cando son centos de coches que atravesan a rúa para acceder a Patos, Madorra ou Monteferro xerando, en consecuencia, retencións. "Antes da consulta a propia veciñanza da zona nos decía que o sentir unánime era para un lado ou outro, constatamos que non é así e que, realmente, si hai unanimidade en que hai que mellorar a estrada", considera González.

 

Desde o goberno local avanzan que esta non será a primeira consulta popular que se realice no municipio. "Inauguramos un feito de gobernar inédito e único non só en Nigrán, practicamente en toda España. Ímos seguir nesta liña porque ao final, non se pode tomar desde unha decisión que afecta a un determinado número de persoas sen preguntar antes a opinión de todos", reflexiona.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.