Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 25 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Melania Rodríguez "unha das mellores ximnastas da historia"

O secretario xeral para o Deporte participou na homenaxe do Concello de Ponteareas aos seus deportistas destacados

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta semana da recepción a deportistas destacados organizada polo Concello de Ponteareas e que contou coa participación de Melania Rodríguez a ximnasta ponteareá que vén de proclamarse campioa do Mundo de dobre mini-tramp na cidade inglesa de Birmingham.

 

 

O mandatario galego sinalou que a imaxe de Melania Rodríguez e Pablo Hinojar adestrando na cama elástica do pavillón do CGTD “xa é unha postal mítica do centro de tecnificación porque raro é o día que Melania non está debuxando piruetas no aire”. Isto ocorre así dende 2016, momento no que a Xunta de Galicia apostou pola entrada de Melania no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e dende o ano 2017 recibe ininterrompidamente as bolsas DGAN: “tiñamos un diamante en bruto e non o podíamos perder”.

 

Neste sentido, o titular do Deporte galego agradeceu o exemplo que dá a ximnasta aos máis novos porque demostra que con esforzo e sacrificio conséguense resultados e gabou un palmarés no que ademais do ouro mundial, xa lucían unha prata mundial, un bronce mundial e un bronce europeo en dobre mini-tramp, así como un ouro europeo en trampolín. Do mesmo xeito, lembrou a mágoa de que Melania se quedase tan só a tres décimas da praza olímpica de trampolín pero animou á ponteareá a seguir buscando a clasificación nas vindeiras Copas do Mundo -Azerbaiyán e Dinamarca-. “Estas competicións marcarán o seu futuro inmediato, pero o resto da súa historia, con 22 anos, está aínda por escribir e, de seguro, será dourado”, sentenciou.

 

Ademais, Lete Lasa destacou a aposta da Xunta pola ximnasia que no momento actual mantén nove prazas no CGTD -seis de rendemento e tres de tecnificación- e que foron medrando ao longo dos anos.

 

Na gala celebrada no salón de plenos do Concello de Ponteareas tamén se recoñeceu o traballo do Club Leam de Taekwondo e de Ainoa Posada que vén de proclamarse campioa de España infantil de pump track.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.