PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Luis López: a erradicación da violencia machista 'é unha tarefa de todos'
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirmou este sábado o compromiso do goberno provincial na loita pola igualdade real e efectiva, así como a erradicación da violencia machista nos actos de conmemoración do 25N que compartiron a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior. “Desde a Deputación témolo claro. A erradicación definitiva da violencia machista é unha tarefa de toda a sociedade, que non admite pasos atrás e que nós asumimos plenamente. Para acadar a igualdade real, sempre estaremos aí”, afirmou o mandatario provincial no discurso inaugural dun acto que contou coa actuación musical de Carolina Rubirosa.
Coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se encargou de clausurar a xornada, o acto incluíu a proxección dun vídeo sobre o 25N e a organización dunha mesa redonda centrada na “Prevención e visibilización da violencia en contra das mulleres” na que participaron Marisol Louro, directora do IES Plurilingüe de Ames; María Jesús Pires Juncal, axente da Policía Autonómica; Victoria Cal, médico de familia do Centro de Saúde de Caldas de Reis; Ana Aldao Corral, directora do CIM de A Laracha; e Irene Montero, socia administradora en Octo Comunicación.
No seu discurso, Luis López fixo fincapé na simboloxía do Castelo de Soutomaior e na importancia de celebrar neste espazo un acto tan importante como o do 25N. “Soutomaior foi desde o século 12, aproximadamente, o escenario de todo tipo de batallas. Así, fieis a esa tradición de loitar por unha causa, neste 25 de novembro podemos dicir que este é o mellor lugar para plasmar a que, posiblemente, sexa a batalla social máis importante destas alturas de século: a erradicación da violencia machista e a loita pola igualdade real e efectiva”, proclamou. Neste sentido, avanzou que “Soutomaior xa estaba aquí cando primeiro se conseguiu a igualdade de todos os cidadáns ante a lei, cando máis tarde se conseguiu o acceso masivo da muller ao mercado laboral e tamén cando se racharon moitos dos teitos que a limitaban nas últimas décadas. Está tamén hoxe, cando a sociedade está máis concienciada ca nunca para conseguir a igualdade. E estará, seguro, o día de mañá, cando por fin poidamos proclamar que a violencia de xénero é unha realidade extinguida. Se todos camiñamos a unha, ese día chegará antes”.
Unha meta, a da igualdade e a erradicación da violencia, para a que “hai moito feito, pero aínda queda moito por facer”, sinalou facendo referencia aos 1.400 casos activos de violencia machista activos na provincia. Unha meta que, indicou, está máis preto de ser alcanzada grazas ao labor de mulleres como Irene García, axente da Garda Civil e coordinadora do Equipo Muller da Comandancia de Pontevedra, que leu onte o manifesto contra a violencia no Pazo Provincial; Tere Abelleira, a campioa do mundo que o vindeiro venres xogará en Pasarón cada as súas compañeiras de Selección; ou Marisol Soengas, distinguida igualmente esta semana pola súa contribución na loita contra o cancro. “Elas, xunto con tantas mulleres anónimas, son un anticipo desa sociedade en igualdade que todos queremos”, concluíu o presidente da Deputación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163